domingo, 25 de mayo de 2025

BACKYARD Castro Caldelas 25

 Tremendo

 


 

Desde que fai uns anos descubrin esta proba non podia deixar de pensar en ela, e o ano pasado entereime que a facian en Castro Caldelas, asi que sen dubidalo un segundo, o dia que abriron as inscripcións xa estaba apuntado. 

Empecei a investigar e xa me din conta que ia ser duro, non so pola distancia e tempo se non polo perfil, 240 metros de desnivel en cada Loop ou volta, de 6705 metros, unha distancia rara, pero o inventor de esta proba non pode ser un tipo mais peculiar, esa media é para que o facer 24 horas de carreira consigase as 100 millas ou 160 km.

Eu ia cunhas espectativas que desde logo non se cumpliron, pero igualmente agora que escribo este Cousas, síntome ben conforme co que fixen.

O dia anterior a facer a proba, marchamos para Castro Caldelas collemos dorsal, e como non, o dia acompaña, vai calor, imos Uxia mais eu a descubrir o percorrido.

Castelo, lugar de incio e chegada de cada volta.


 

Vistas, polo que se ve na foto, tiñamos que baixar e subir todalas veces que se podan e das que tes exactamente unha hora para sair, voltar e outra vez sair.


 O percorrido esta marcado, os 3 primeiros kms son para abaixo, evidentemente os tres seguintes son para arriba e habera esos setecentos metros un pouco mais planos..

saimos do castelo, e o primeiro xa é unha baixada importante







 seguimos por un camiño que non ten moita dificultade, seguimos baixando




 despois do km 2 abrese unha carballeira, que o dia seguinte ia dar o sol con toda a intensidade.




 unha vez que chegas a mitade do Loop, que esta marcado 3.35 km, xa cambia o conto, primeiro unha subida suave, ata chegar a unha diagonal por unha ladeira que tes que ir en fila de a un.






 a mitade da volta,

empezamos a primeira subida importante
 






e despois dun pequeno respiro, toca outra subida unha zeta que deixa as pernas para pensar.



chegamos de novo a Castro Caldelas

O Castelo, hai que chegar ali antes de que acabe a hora.
un cafe, cena e a descansar que mañan hai festa.


 e para almorzar




Xa estamos todos

Co amigo Adrian.

As dez da mañan e despois dunha pequena charla, arrancamos, non hai outra, o meu obxectivo, dobles dixitos, non sabia o que me esperaba.

Primeira volta, e xa empezo a notar que o corpo hoxe non esta, suor, calor que xa non se aguanta, e imos facendo a primeira volta..


 


non hai moito mais que contar, primeira volta, axustando para chegar en 52 minutos e ter un tempo de descanso e beber ben, segunda volta, sigue subindo a calor, estou chorreando como se estivera nunha sauna, non é precisamente o calor o meu amigo para facer deporte, pero seguimos tirando.

 



Despois de acabar a terceira Yarda, xa levamos 20.1 km, e 750 metros de desnivel, xa me dou conta que a cousa non vai como eu quero, hidrátome. Uxia pregunta que tal, pero non moi ben, vou a ver como fago esta volta, pero que non se fora moi lonxe.

Cóstame moito, xa desde a primeira parte da volta  a cabeza dime que non, eu tiro primeira parte costa abaixo, pero xa non queda moito mais. Sigo e cando empeza a costa, xa vou en cola, xa teño decidido que vou chegar, pero que non saio a quinta volta.


 

Acabo a volta en 1:00:30, o que oficialmente me elimina da carreira, sabia que non ia sair, pero estou fastidiado, teño moitos sentimentos enfrontados, sufrin mais do esperado?, si, o circuito duro?, para min que son corredor de asfalto, durísimo, o calor? que vou decir se é o que me funde.

Unha chapa que levo con orgullo, porque o que da o que ten, non se lle pode pedir mais.

Despois de acabar un pouco de refrixerio as pernas.



 un recoverey e para casa...
 
Hoxe e despois de facer un rexenerativo, teño unha molestia na planta do pe, un pedazo de espiña que me deixa outra lembraza de esta impresionante proba.

 

 a camiseta que queda gardada no caixon de camisetas especiais 


Agora , estou seguro que para o ano repetirei, mellor adestrado, mellor preparado, con moito mais respecto e cun obxectivo mais realista, a ver como se da.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario