Hoxe por fin cumplín un desexo o que levaba moito tempo dandolle voltas.
Dende que recordo sempre tiven este sentimento, e non deixa de ser iso. A miña primeira sinatura xa tiña a "X" como marca destacada e asi sigue. Lémbrome cando o quixen facer por primeira vez nos anos noventa, e me convenceron que tanto da, se non pasa nada, xa tes cartilla, tes nómina, vas ter que cambiar moitos papeles e sen estar convencido deixéino, pero os alicerces da idea quedaron aí, sempre presente, sempre con ganas de facelo.
Eu sei que para os meus pais e miñas irmans sempre serei "Juan" ou "Juanciño", cando llo comentei os meus amigos de sempre xa me dixeron, ti para nos eres e seras "Xoan", para unha grande parte do mundo, seguirei sendo Carlos, pero hoxe teño un sorriso, e cando cumplimente algún papel donde teña que por a literalidade do dni, pois non terei que escribir o que non me sinto.
Agora toca trocar moitas cousas, pero que boa sensación para min poder poñer o que realmente me sinto, un XOAN CARLOS, ben grande.