domingo, 1 de marzo de 2026

Coruña 21, 2026

Espectacular día 



Hai uns meses non estaba presupostado facelo asi, pero as cousas son como son, asi que cambiamos o chip e pensamos nesta carreira da casa como unha preparación para o que nos ven en nada, a "Maratón de Roma".
Tampouco foi unha fin de semana normal, garda o venres, o sábado activación e concerto de Cafe Quijano, e o domingo, carreira e outra garda, fluimos e xa durmiremos.





O domingo toca madrugar, como sempre a que acompaña e se para almorzar non hai dubida.
- Pero a donde iras tan cedo? que ganiñas de romper o corpo!!


e tan cedo, que xa é de dia !, imos para Maria Pita, donde quedei cos compañeiros, Oscar e Fran, temos obxectivos distintos, hoxe Fran ten gañas de darlle brasa, eu vou a facer deberes e Oscar vaime acompañar. Imos a quentar!.


Un pouco de trote polo Parrote, en nada sera a nosa base para preparar ese obxectivo que teño en mente e que será o reto do ano.



E casi sen enterarnos e gozando do sol que xa vai quentando, despois do que levamos pasado este inverno, un día sen choiva é un exito. Hoxe é día premium para correr e gozar da cidade.
As zapas, o acabar Viana foron para o armario, e despois de reñirme por levalas sucias, Fran! prometo que para Roma van a ir relucintes.


Preparados para a saida. 
Hoxe nunha gran decisión da organización, esa chegada a Maria Pita da prestixio a carreira, a min recordame ala polo ano 19, cando cheguei a ese mesmo punto na miña primeira maraton e non podo evitar sorrir.


Arrancamos e a verdade que a pesares da cantidade de xente, o de sair no noso caixon, da para empezar a correr sen problemas, había un teórico estreitamento a un quilómetro pero eu non o notei, comentámolo e efectivamente, tivemos una carreira moi cómoda de xente. 
Imos ata a Casa do Mar, xiramos e seguimos ata Elviña para volta e ir a Oza e o Porto, a parte mais fea sen dúbida. Imos controlando ritmo, baixando de cinco en cada quilómetro, e pouco a pouco, pasa o sete, oito... dez, once... e voltamos a civilización, temos o ánimo do público e coñecidos.



Juan de Vega, e San Andres, xa estamos no bloque da mitade, a cada paso ves xente coñecida, xente que anima e da gusto, e entramos en Riazor, unha voltiña ata o estadio e dar volta para ir a Casa dos Peixes,



 quizais a zona dura e de cabeza, estamos no dezasete, dezaoito e xa sabes que queda pouco.
Imos cantando tempos e puntos quilométricos, estamos para facer 1:40, en Viana foi 1:44, asi que nin tan mal...
queda esa subida pola Casa do Home, e vexo a Jose Manuel, de Camariñas, saudo e falamos uns metros, pero o noso ritmo era distinto, o dar a volta a glorieta da Casa dos Peixes e empezar a costa abaixo, fai que incrementemos o ritmo, pasamos o dezanove e xa visualizamos a meta...
Entramos en San Andrés, Rua Nueva, e Obelisco... xa queda un quilómetro, cantas veces teño feito ese tramo pero dirección contraria, encántame o percorrido deste ano e espero que se quede.
Avenida da Marina e xiramos en Maria Barbeito para entrar en meta, 1:40:30
Xusto o que buscabamos, boas sensacións e preparados para o que ven, e o que sexa, será!.
A maratón é outra cousa, pero eso xa se contará en outra entrada.


Fran chegou antes que nós, e fixo o que pensaba, todos contentos



Ese recovery que non falte...


Tempos


e despois do recovery, a vida continúa ducha e ir a traballar, menos mal que sempre hai un mimo para quen o merece...


e agora a pensar na próxima, que a roda non pare.




 



2 comentarios:

  1. Enhorabuena compañeiro. Otro logro para el palmarés 💪🙌

    ResponderEliminar
  2. grazas meu, haberá que tomarlle algo para celebralo en Agosto :)

    ResponderEliminar