Despois de mais dun ano, voltamos a coller un dorsal, moitas ganas, moita ilusión e moito frio...
Antes de arrancar, un pouco de compañeirismo ainda que como sempre, perdinme a foto do club, sempre nos facemos unha para o recordo, e mais cando se foi retrasando todo o proceso da saida. Doúnos tempo de quentar, enfriar, voltar a quentar.. e unha cousa interesante que aprendin foi que se almorzas como sempre cando fas unha carreira sobre as dez da mañan, e arrancas as 13:15, o final quédaste sen enerxia, nota mental, (non voltara a pasar)
A saida con protocolo covid... de dous en dous e cada vinte segundos.. primeiro un 5k, a miña idea era facer un 5:00, estabamos avisados da dureza do circuito de bici, e hai que "ghardar das risas pas choras" asi que nada de tolerias e regulamos... o final o dorsal suma e fixen unha media de 4:52... transición e bici...
Saimos en bici
O meu obxectivo mental era facer o circuito en 45 minutos, pero as tres subidas o Monte do Gozo, o vento en contra, que facia incrementar a porcentaxe e que "hai o que hai". Tamen o circuito sen mais que subir e baixar non se me fixo nada comodo para coller un ritmo, poucos tramos estiven a gusto. Faltame moito por andar, a xente parece que leva motos pero como sempre digo, ganaran a cousas tanxibles como o a velocidade, pero a ilusión como mínimo, empatan
A terceira volta costoume, o que dixen antes, ainda que tomei un gel, notei o tempo que facia que almorzara, e todo conta.. a próxima non me pasa.
e acabamos ca carreira, aqui a idea era dalo todo, e todo dinno, ainda que me costou arrancar, esas sensación de baixar da bici e poñerse a correr, teño que traballala mais, costan trescentos metros, despois xa todo se volve normal e colles ritmo, xa me pasara cando fixen o meu "medio home de ferro" e esta vez xa sabia o que se viña, acabei o tramo de carreira a 5:25, cando a miña idea era acabar por debaixo de 5:00
Tempo total en cada sección
Tempo total, o final por debaixo da mínima esixida para o campionato galego...
e por suposto, o que da o que ten, non se lle pode pedir mais... un mimo e pa casa..
No hay comentarios:
Publicar un comentario