domingo, 3 de enero de 2021

Media Maraton "primeiros de ano"

      

     A primeira Media Maraton do ano, unha festa dos extensivos, pero unha tradición que xa vai para tres anos.

  


        Despois de comentarlle os compañeiros que empezaba o ano cunha media porque si, apuntáronse e decidimos o día e a hora, o percorrido un pouco mais duro que o que correspondia por datas, pero como non habia mais criterio que pasalo ben, non tiñamos problema.

        As dez da mañan quedamos para arrancar. Oscar, Fran, Fonso, Eu e Daniel, que non correu pero fixonos de compañia, avituallador e fotógrafo ca sua bici.

        

        O perfil era como xa dixen un pouco mais duro do que correspondia, pero A Coruña ten a súa costa e non hai outra, arrancamos desde o Oceanografico, cara O Portiño o voltar, 21 quilometros por diante, sen mais, que non chovera moito, e agás o final, que empezou e chegoulle a altura da Torre, non tivemos queixa.





                                                                Torre de Hercules



                  Final e tranquilidade, bo ritmo. Fran e Oscar deronlle un pouco de brasa o corpo o final, pero Fonso mais eu, acabamos mais tranquilos,


        O perfil, o que ten a costa.


     Os tempos e a fc



         Xa van tres anos que empezo con unha media, para o ano, repetimos, e o que se queira apuntar, esta convidado. #OSMENOSBOSDENSL

 

 


 

 
 
 
 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario