Iste é o relato dunha fin de semana pero que abarca moito mais.
O meu primeiro triatlon de xeito competitivo, tiven a sorte de ter dorsal despois do sorteo de postos pola limitación de prazas que nos toca en esta época, e despois dunha primeira experiencia no popular de Arteixo. Para min, non deixa de ser un adestramento de calidade cara o obxectivo real que non deixa de ser o mediohomedeferro en As Pontes.