lunes, 28 de junio de 2021

O meu Mediohomedeferro

 

Iste é o relato dunha fin de semana pero que abarca moito mais.



O sábado había que ir a deixar a bici, control de material e polas cousas que daba a organización, dorsais, algún que outro agasallo etc, e ca sensación de que o tempo non ia acompañar, previsións de chuvia vento e frio, a verdade que despois de dous anos esperando este momento, daba moita pena ter que facer a proba nesas condicións. A Media Distancia, son 1.900 metros nadando, 90 qm de bici, para rematar cunha media maratón 21.195 metros 




Despois de achegarnos  As Pontes para todos estes trámites, voltamos a casa, a sorte de vivir a 45 minutos do lago, e como digo, cunha sensación de buff, se xa é dura a proba, como se presentaba o día non tiña boa pinta. Non importa, nós imos a participar, a pasalo ben, era a nosa primeira MD, e iso xa non cho quita ninguén, e aqui empezabamos a pensar en todolos quilómetros que levamos nas pernas e nos brazos, asi que nada de medo, o que teña que ser, será!. Curiosamente, durmin perfectamente, un bo almorzo e as 5:30 preparado para que me viñeran a buscar.




Aqui estamos os tres artistas, moito mais tranquilos. Primeira boa nova do dia, o frente de chuvia pasou pola noite. Segunda, chegamos e o lago estaba como un plato. Terceira, non se esperan chuvias ata ben pasado o mediodia, non podia empezar mellor o mediohomedeferro.


Colocadiño no meu posto, este ano, unha vez que entrabas na zona de transición non te podias mover do teu posto. A verdade que entre poñerte ben, mirar as tres cousas que habia que mirar, e organizar un pouco como ias a deixar o material para cando sairas da auga, pasouse o tempo rápido. as 8:09:20 tiña a miña saida marcada, e ainda que saimos con un pouco de retraso, todo foi perfecto.





Mentras nos iamos achegando a saida para o lago, os nervos incrementábanse, o que peor se me da, (no outro tampouco é que sexa unha marabilla ), tiña moito medo o choque térmico o entrar na auga, pero teño que decir, que a saida de dous en dous, e con cinco segundos de distancia, fai que entres na auga con moita comodidade e unha sorpresa, a auga estaba a 18.1º o que era ideal para nadar, estaba claro a primeira boia e unha autopista de nadadores marcaba claramente o camiño. Empecei a nadar o meu ritmo ata que cheguei a esa boia, unha brazada dun compañeiro tiroume para abaixo, tragada de auga, casi vomito, arcadas, e tiven que parar, menos mal que é auga dulce, se chego estar na nosa piscina de Gandario voto ata a comida do venres... Non pasa nada, paciencia, e seguimos, tiña moi estudiado as posicións das boias, a distancia a que estaban, e ainda que me pasaban como se fosen en lanchas, eu marcaba o meu ritmo de a 12.30 os 500 metros, tirando e controlando de ir o mais recto posible, non estou para regalar metros no mar. Chegamos o seguinte xiro, 930 metros, e o seguinte, xa pasamos dos 1000, o terceiro 500, fixen 14 minutos, unha chica ten que ser atendida pola moto acuática diante miña, non sei que lle pasou, pero sempre te sentias atendido pola organización, moitos kayak, e xente mirando por un, queda regresar o último xiro e a praia para facer a transición e coller a bici. Posto na miña categoria, 44 de 44


Despois de quitar o neopreno, poñer os calcetins, e decidir, tritraxe e punto. Eu son caluroso, non chove e non hai previsións, e se chove unha vez que tes o corpo quente non hai problema, asi que adiante. O circuito é bastante fácil ainda que ten uns tres quilómetros de subida pero que coñezo sobradamente, xa viñeramos no verán pasado para facelo e non hai dúbida. Collemos ritmo e enseguida despois de pasar polo medio da vila de As Pontes empeza a primeira subida, tranquilo e sen pausa, sempre hai alguen a quen intentar seguir, gardando evidentemente a distancia de non drafting, que é que non podes ir a roda de ninguen, ésta é unha proba individual. Aqui ten que valer todos eses adestramentos donde me quedaba do grupo e ia eu o meu ritmo. Despois da primeira subida quedaba un bo tramo de pequenas subidas e baixadas, todas elas na ida tirando cara arriba, na volta tirando cara abaixo. Na primeira volta, pes a terra como marcan as normas nos avituallamentos e recollin un bidon, un platano, estou no posto 44, qm 25,45 e xa empezamos a coller ritmo, a partir de agora, cabeciña. 

Baixamos cara As Pontes, o estrada esta en bo estado, a bicicleta e para poñer plato e apretar os dentes, xa nos vamos cruzando con participantes da MD e os avións do Ironman, incrible como van, pero nos estamos o noso. Pasamos outra vez por As Pontes, os animos son constantes tanto da xente da organización como do público espallado polas beiras da estrada. Primeira volta completada e voltamos outra vez, na subida supero a dous compañeiros, sensación rara, eu levo o cartel de "Arrière du pelotón" pegado no cu e non estou acostumbrado a pasar a ninguen, e menos nunha subida, o que me da ánimos, na primeira hora marquei uns dignos para min 25 qm/h, e na segunda igual, clavado, e xa fixen as dúas subidas. Todo controlado, toca voltar o lago para ir a correr, non chove, e mesmo vai calor, eso si, un vento incomodo pero soportable. Chegada a transición estou no posto 43 de 44, todo un logro para min.


 



Cambiamos de zapas e cara o camiño de terra, por mor da covid e non meter os participantes na vila, facemos o tramo polo lago. Unha das cousas mais duras, é baixar da bicicleta e poñerte a correr, eses tres ou catro primeiros quilómetros son matadores, despois xa cambia o conto, e colles ritmo, estou na miña zona de conford, claro que non despois de levar catro horas e pico facendo xa un gasto de enerxia, pero aqui xa todos chegamos ca reserva baixa. Empezo a adiantar xente, moitos camiñando, no primeiro paso, subo dous postos, no segundo control catro, no terceiro outros dous mais. Temos avituallamentos cada 2.5 qm aproximadamente, e eu so penso en facer series, de avituallamento en avituallamento, non paro, aqui xa manda a cabeza, vai calor, caeu un pouco de saraiba, unha subida que son 30 metros, pero que hai que facer andando pero como en cada media maratón, eu divido en bloques de cinco qms, e no último, cando pasas o pico que entra no lago, esa curva a esquerdas e ves a meta, que ainda quedan tres, pero non quero pensar como sera, cando poda haber a festa que sempre teñen na chegada de meta. En cada pasada polos avituallamentos, despedida dos compañeiros que estan traballando para que nós gocemos, moitos coñecidos, e sempre e en cada un dos sitios, palabras amables, animosas e de cariño. Penso en chegar, estou nas últimas eu tamen, pero cruzome cun compañeiro Paco, e quedamos en que o primeiro do Ironman, non nos pode doblar, e de donde non hai, sacamos un pouco mais de forza, e tiramos, cada paso, un paso menos, saida do camiño, non é o mellor percorrido para facer tempo, e como decia antes, xa vas co deposito en reserva, pero eses pensamentos vanse cando estas nos últimos 300 metros, cara meta. Chego e como non, amigos e compañeiros na meta. A verdade, sensación de que o din todo. Sempre contento, sempre controlando esto é o que hai. No tramo de carreira adiantei 9 postos, para quedar o final de 34. 







Tempo final 6:38:02 Para min impresionante.


Por suposto, o mellor de estas probas, é o camiño, e se o fas en boa compañia, non hai moito que engadir. 
Oscar e Fran, as de veces que tiraron de min nos adestramentos!, sen eles esto seria moito mais dificil. Grazas os dous, por ser como sodes.





Seguiremos facendo os duatlons dos nenosbosdeNSL



2 comentarios: