miércoles, 9 de junio de 2021

XXXI Triatlon Concello de Oleiros

 

        O meu primeiro triatlon de xeito competitivo, tiven a sorte de ter dorsal despois do sorteo de postos pola limitación de prazas que nos toca en esta época, e despois dunha primeira experiencia no popular de Arteixo. Para min, non deixa de ser un adestramento de calidade cara o obxectivo real que non deixa de ser o mediohomedeferro en As Pontes.



            Como sempre en cada proba, e en estas mais ainda, a preparación do material é importante... neopreno, tritaxe, calcetins (que o final non usei) zapatillas para a bici e correr....




    chegado a Mera primeiro visual dos boxes, e sobretodo do que mais respecto me da, a zona de natación, vento e bastante oleaxe, que non ian facer doado os 750 metros que ian, da praia as boias e voltar polo outro lado do espigón, non o pasei ben, pero mirando o track, tampouco o fixen de todo mal na orientación, creo...


As boias amarelas habia que deixalas a dereita...



saindo da auga, como non vas ter un sorriso, se acabas de pasar o que menos me gusta do triatlon..



o dito, de todolos xeitos, co mar que facia, creo que non saiu tan mal de orientación


Da praia a transición, bicicleta 22 qms, de sube e baixa, catro voltas o circuito



Ánimos dos amigos non faltaron.. e ben que se notaron.



55:12 minutos de bici, tocaba cambiar a carreira... donde todo dentro do previsto antes de empezar, a 5:00 pero como a xente vai como se non houbera mañan... teño que plantexarme ir un pouco mais rápido



e despois de chegar a meta, tempo final  1:47:05 , aprendendo para as próximas ocasións, unhas risas e por suposto non se perdoa é o recovery...





No hay comentarios:

Publicar un comentario