O gran fondo Ézaro de ciclismo, ruta ciclista que arranca o pé da fervenza de Ézaro e que acaba despois de dar unha pequena volta, arriba da mítica subida. Como se pode ver, os catro acabamos recollendo a nosa medalla que acredita que chegamos arriba e que desde logo para min, ocupa xa un lugar destacado no meu curriculum deportivo. Costoume moito, polo percorrido, pola calor, e porque non esperaba esa aproximación tan dura a Muxia.