Domingo pola mañan, Xullo, previsións de bo tempo, pero na montaña, sempre poden pasar cousas inesperadas. Marchamos para Os Ancares, a dar un paseo con Pacho e facer a ruta desde o Albergue ata o cumio de Tres Bispos.
Non hai perdida e sen ningunha dificultade, boa conversación e baixo a liña de nubes os quilómetros van pasando, sempre subimos pero o camiño é moi sinxelo.
Casi sen darnos conta, chegamos o pe de Tres Bispos, non se ve o cumio, pero decidimos subir, non ten pinta que arriba vexamos moito, pero xa que estamos. Efectivamente un pouco antes de chegar, a visibilidade era moi pouca, unha boa excusa para ter que repetir.
Un acto de fé, pode ser unha foto en calquer lado, pero era arriba. Como non habia nada que ver, para baixo outra vez, e nos diriximos o Refuxio de Brego.
o Refuxio, abaixo a esquerda..
O Refuxio de Brego, e por suposto un bo bocata que xa habia fame...
Despois de recuperar forzas, e deixar o refuxio como o encontramos, seguimos a ruta xa de volta para o albergue. Unha boa baixada por un camiño pero que o final se fai cansino para os xeonllos, e un tramo final outra vez subindo, pero moi comodo de camiñar..
fin da ruta... 6 horitas, 5 camiñando, 18 de distancia e 850 de desnivel...
No hay comentarios:
Publicar un comentario