lunes, 12 de julio de 2021

Gran Fondo Ézaro ruta ciclista

 

O gran fondo Ézaro de ciclismo, ruta ciclista que arranca o pé da fervenza de Ézaro e que acaba despois de dar unha pequena volta, arriba da mítica subida. Como se pode ver, os catro acabamos recollendo a nosa medalla que acredita que chegamos arriba e que desde logo para min, ocupa xa un lugar destacado no meu curriculum deportivo. Costoume moito, polo percorrido, pola calor, e porque non esperaba esa aproximación tan dura a Muxia.

 

 

A proba xa comenzaba o dia anterior, obligación de ir ata Cee para facer un test polo tema covid. Non importa que xa estés vacinado, habia que facela ali, e recoller o dorsal e un cortaventos chulo que será  usado con orgullo en mais dunha ocasión. O test evidentemente saiu negativo.


 

Pero o importante empezaba o domingo. Nunca estivera metido nun peloton tan grande, tanta bici, e tanta xente. O dorsal posto, os compañeiros o lado e con bo ánimo, o coche basoira, o noso carón na saida. O obxectivo era entre risas que nos pillara o mais tarde posible, ainda que co ritmo marcado pola organización, sabiamos que nos pillaría mais cedo que tarde.




esperando a saida, mirando bicis, e sobretodo desarrollos que levaban. En ese aspecto, temos moito que mellorar, pernas fan falta, pero se non levas o material axeitado para o que vas facer a dificultade incrementase considerablemente.

o famoso coche basoira...


 

A proba empezou as nove en punto, teoricamente saida neutralizada, pero xa de saida e na primeira costa, a xente ia a tope e non te podias despistar. Nós como sempre con calma, quedaba moito por diante, e chegar a Cee é moi comodo, eu xa fixera o percorrido co clube e os compañeiros xa o fixeran no 19 pero sorpresas da organización, cambiaron o trazado levándonos por unha estrada estupenda cara Touriñan e despois a Muxia, un sube e baixa constante, que non esperaba e que te deixaba pensando; que ainda non chegamos a Muxia!, e queda moito que subir... Ali, entablei conversación cunha rapaza de Lugo, Ester, dixenlle "preciosa bici..." e xa fumos xuntos ata o avituallamento. 

 

Un pouco antes de chegar a Muxia, pasounos unha moto da garda civil, "estades fora de horario, a partir de este punto, coidado que hai transito, ide pola dereita e sentidiño". Case foi unha liberación, quedaba sair de  Muxia, ir a Berdoias, e baixar cara Dumbria, para subir o porto de 3º categoria do Alto do Hospital. Curiosamente o que fai coñecer a subida, resultoume comoda, o meu ritmo, pero cheguei arriba, parada para encher o bidon de auga e a seguir.


A partir de ese punto, unha baixa espectacular ata o porto de Brens, e volta outra vez cara o Ézaro. Eu xa ía mallado, estaba recuperando, pero no meu interior sabia que non ia poder subir todo sen poñer o pé a terra. O único pensamento foi, ti chega ata donde podas, e punto. Efectivamente cheguei ata os pes da costa que marca o mito do Ézaro, o 30%, nin o intentei, non podia mais, e a xente subia andando, xusto cando eu empezaba a subir esa costa, chegaban os da proba longa, menudas bicis, e menudos ciclistas...


 

Despois de subir a costa, estaban xa Esther e Fran mirando e animando, tirei uns cen metros mais, non por non poder,  quero pensar, se non por non poder subirme a bici. Intentar meter as calas nunha pendiente do 20% é bastante complicado. Xa baixa Oscar que me da ánimos outra vez,  e nunha curva donde tende un pouco conseguin subir a bici. Dinme que Uxia esta na meta esperando, e ala vou. Vexo o cartel de 500 metros para meta, en calquer outro momento non seria nada, os corredores que xa van baixando dan ánimos, seguimos vivos para arrriba. 400 metros, buff, miro para adiante e ali o fondo a unha distancia tremenda esta o cartel de 300 metros, sigo pedaleando e non paro, parece un mundo, non sei se chegarei, miro e non vexo a Uxia, vai ser verdade que esta na meta. Parece que non avanzo, sigo gastando o que xa non teño de forzas e outra vez a unha distancia que non parece real, aparece o cartel de 200 metros ata meta. As pernas dinme que pare, pero a cabeza que nin de coña, que agora xa esta. Quero ver esa meta!, donde esta?, non se pode medir tan mal unha chegada, porque non se avanza, póñome de pe, outra vez gasto o que non teño, paso o cartel de 200 metros... o público anima, os que baixan so din que xa o tes, claro que si, enfocas e ainda queda para o cartel de 100 metros... xa escoitas o familiar son da meta, xa falan dos gañadores da longa, pero eu estou so, curva e vexo a meta, 75 metros, 50 metros, aparece a cara e a sorrisa familiar de Uxia, un pouco de forza para soltar unha man do manillar apretar o puño, e decir, si!!, está feita!!... 

Que duro, e que satisfactorio... chegar a meta, coller a miña medalla, e tomar un avituallamento, falo con Ester que tamen esta ali, e vou cara Uxia, necesito respirar, necesito un momento para que todo volte o seu sitio. Chega tamen Diego.. estamos os catro ca marcha feita. Baixamos e damos ánimos os que suben, o mesmo que fixeron con nós.


 

Con Ester, unha autentica campiona


 os catro ca nosa medalla

 

 

o perfil



Por suposto non hai proba que non se convirta en un duatlón, o recovery imprescindible, unha boa comida e voltar para casa, satisfacion máxima



No hay comentarios:

Publicar un comentario