a camiseta, sintoo moito, por non decir fea, dende logo das mais bonitas non é, e seguro que hai xente que lle encanta..
A carreira empeza cunha idea clara, e despois do test gavela de fai doce dias, esta confirmada. Quero correr a 5:05, e pasalo ben, con ese ritmo chego a meta en 3:35, sobrado, e o obxectivo de ser sub 3:45 estaría conseguido. Como sempre na saida o primeiro quilómetro é unha bendita loucura, empezamos a correr e supoño que a todos nos pasa, sempre temos xente diante que vai mais amodo do que toca, zig zag... ese primeiros metros fan que te vaias centrando, buscando ese espazo de cinco ou seis metros para correr a gusto. É dificil, e mais cando non estas afeito a esas cantidades de xente; todo vai moi rápido ata que notas no pulso a primeira vibración do garmin, 5:12, caramba!, hai que ir un pouquichin mais rápido, pero xa é mais doado, paso o corredor experto que asi lle chaman ca marca de 3:45, o único que vai con tempo previsto no meu caixón de saida, unha lástima que non poñan un para 3:30, o que hai saiu na anterior caixón e leva 15 minutos de ventaxa, non conta para nós. Na segunda vibración, 4:50... penso "Carliños... a que estamos xogando? céntrate e marca ritmo..", e asi foi pasando eses primeiros dez minutos de asentamento, collo un ritmo cómodo e empezo a mirar a xente que teño o lado, xa lle ves as caras e pensas, estou no sitio correcto.
Os quilómetros pasan, e o primeiro 5k, ten unha parte bastante dura de vento en contra, cando paso polo control, volvo a mirar o garmin e vexo un 24:48, o garmin é un amigo, e vai acumulando metros de mais, o final da maraton, son casi 800 metros, pero o que realmente me importa é a marca da maraton, sei que esta ben medida e en ese punto paso en 25:10. De repente un sorriso asoma na miña faciana, e sigo, miro pulsacións, e o ritmo é correcto. O percorrido é moi plano, o vento incordia pero a marea de xente é continua, e sempre tes algun sitio donde ir mais cómodo. Todo ben, os qms van pasando, estamos empezando e non hai mais sensación que ir con cabeza e centrado no que estamos, e chega o dez, miro o reloxo e paso co 50:06, vou a 5:01, dentro do marxen que teño é o mais rápido que quero ir. En ese punto xa empezo a evaluar a situación, teño que pasar o 15 en 1:15, parece que non hai problema en conseguilo, os avituallamentos estan ben, tomo o que teño que tomar e os dous xeles que levo estan pensados para o 15 e o 30, o resto, o que pon a organización. Como xa levamos unha hora de carreira e basicamente tes que pensar en cousas, pois arrimome a un compañeiro e lle digo que me encanta a súa camiseta, o corte o diseño e por riba con dous bolsillos para os xeles no lateral, empezamos a falar ( con xeito que estamos correndo unha maraton) e xa fumos xuntos ata casi o final.
Qm 15, miro o reloxo e 1:15:01, clavado o 5:00, vou perfecto, tomo o meu xel e aqui empezo a pensar seriamente na marca de 3:30, a este ritmo teria que apretar a partir do 35, e a ver que pasa. Para ese momento ainda queda, pero todo vai rodado. A sorpresa é cando vexo a Uxia e a Emma no 16 animando, nese sitio non as esperaba e da gusto.
Seguimos, no 20 1:39:59, media maraton 1:45:03. Síntome cómodo, o ritmo é o que adestro, os compañeiros tamen van igual e xa eses quince ou vinte corredores que estamos practicamente desde o inicio xuntos xa nos miramos e nos imos dando ánimos, algun comentario e algun chiste axundan a pasar o tempo, e por suposto, impresionante a marea de xente animando, os dous lados da carreira son unha liña de persoas, de música, de ánimos, algo que fai Valencia distinta de tódalas carreiras nas que teño experiencia.
Aqui xa estamos ca idea clara que pode ser o 3:30, o ritmo sigue igual, non nos movemos ata o 35, que a maraton empeza en ese punto...
Quilómetro 30, 2:30:04, estou perfecto, xa lle collin o punto o garmin, que me marca os sectores por debaixo de 5:00 pero non importa, eu guiome polas marcas da organización. Do 30 o 35, donde empeza realmente o maraton, como ben acredita unha pancarta no qm 32, "Welcome to Maraton" fun un pouco mais lento do esperado, o parcial de 25:30, deixame con un tempo para recuperar en 7 qms de 1'30'' para baixar das 3:30. Decisión doada, xa teño o sub 3:35, para min un resultado impresionante, baixo a miña marca en casi 20 minutos, que mais quero!, vou a gozar do pasillo human e chocando mans cos nenos, dando grazas a cada un da organización e os avitualladores, sigo o ritmo que teño, e vai pasando as Torres do Serrano, o Concello a Plaza de Toros, xiramos a dereita cara meta, e o pasillo de xente faise mais estreito... Vou gozando de cada paso, de cada ánimo, vexo a Uxia e Emma, no último qm, e xa esta.. faltame entrar en meta. Non sei se poñen desde antes, pero vexo un cartel de 800 m para meta... vallas, e 700 m...600 m... de repente ese momento é glorioso, esa baixada cara o lago pisando a moqueta e a entrada mais espectacular non a podo imaxiar.
Meta, eu entro en moi boas condicións, vexo xente tirada, que o dou todo. Eu sei que non, podia correr mais?, quizais, se tivera desde o principio a idea de baixar das 3:30:00, teria feito un maior esforzo, quizais.. todo son conxeturas que se resolveran na próxima, porque seguro que habera... o que esta claro que ninguén a gozou tanto como eu.
para o amigo garmin son sub 3:30... tempos e fc
¡Enhorabuena! La próxima bajas más, fijo... ¡Campeón!
ResponderEliminarEsa será la idea...
EliminarEnhorabuena campeón!!!! Excelente crónica, más que merecida esa mejor marca personal, creo que tienes en tus piernas un sub3h30. Un fuerte abrazo
ResponderEliminarMuchas gracias por tus palabras Felipe, espero poder ser sub 3:30 en la próxima, y desde luego, esa idea tiene que salir desde el km 0, nada de dejar los deberes para los ultimos cinco... :)
ResponderEliminarEnhorabuena Carlos, buena crónica, buen resultado y mejor experiencia.
ResponderEliminarMe alegro que lo hayas disfrutado y sobre todo que los planes hayan salido al pie de la letra, no hay nada mejor que estar satisfecho con lo que uno hace. Y hay una frase que me encanta y que también la hago mía, nadie sabe lo que hacemos por poder hacer las cosas, por tanto nadie disfruta más que nosotros. Igual puede que sí, ¿más? Yo digo que no.
Lo dicho, enhorabuena de verdad.
muchísimas gracias por tus palabras, Javi.
EliminarQue tal meu!!!!
ResponderEliminarHacía tiempo que no te leía compañeiro. Ante todo, enhorabuena por lo conseguido: bajar tiempo pese al tiempo transcurrido. Olé por la family que están contigo en estés momentos tan especiales para ti...pero me faltaba "Duas". En fin da gusto leer siempre este blog porque transmites una alegría y una pasión envidiable.
Agora, veña, que pase o seguinte reto....que lo pules fijo.
A seguir igual o mejor, y un bico muy grande compañeiro.
moitas grazas polas tuas palabras Santi. Unha aperta
Eliminar