domingo, 13 de febrero de 2022

Media Maraton A Coruña 22

 

    Esta carreira empezou cando cheguei de Valencia, tiña intencion de darlle caña, pero unha conversación co adestrador baixome a espectativas, tiña que descansar e tomei decembro e xaneiro como unha pretemporada. Un xeito de darlle descanso o corpo e o mesmo tempo facer un traballo para o que vai a vir, que é moito e bo.

O obxectivo é adestrar, e esta temporada quedar cos compañeiros de fatiga por motivos laborais esta mais dificil, asi que vou facendo os deberes, cando toca correr, bici ou natación, vaise facendo, pero sen presión.



Hoxe xa o tiñamos falado, a idea era, sair xuntos, correr xuntos, e chegar xuntos, e abofé que asi foi.


Nove e media da mañan, e as previsións era de ia a chover e moito, por sorte, tivemos vento, pero a auga respectounos asi que foi moito mais levadeiro de pensado na noite anterior. 


 

Despois de facer a foto do club, imos a quentar un pouco e poñernos no noso caixon de saida, o tres, os tempos son similares asi que xuntos e adiante, saen os primeiros, e cando nos toca, poñemonos a correr. A idea é ir sobre 5:00 o quilómetro, pero despois do primeiro o ritmo vaise elevando, ningun ten problemas para seguir, e por San Andrés, xa imos o ritmo que levaremos toda a carreira, uns 4:45 que nos levan rapidamente cara o Orzan e seguimos a Casa dos Peixes, que me lembra o maraton de A Coruña, para voltar a baixar ata o Estadio de Riazor, un tramo donde o vento faise incomodo, pero non hai problema.

De volta outra vez a San Andrés, deixamos Riazor, o circuito é novo, unha soa pasada, asi que o pisado, queda as costas e non voltaremos a velo. Quilometro oito, en ese non sei que pasou, pero foi o mais lento de toda a carreira, de todolos xeitos, como digo, o tempo non era o obxectivo, nós seguiamos o noso, falando con compañeiros, saudando a xente que estaba animando e seguindo o ritmo. Imos cara a Casa do Mar, e pasada esta, outro tramo novo, pola rúa Posse a verdade é que me sorprendeu, antes de correr pensei que seria mais duro, tiña unha idea que habia mais costa, pero pasase rápido, Corte Inglés e ata Monelos, e volta para entrar na zona donde a cabeza manda na carreira, ese tramo que na terceira volta da maraton convirtese en "Mordor", pero que hoxe a unha volta e no quilómetro catorce , levase mellor, eso si; a min o novo tramo, no que nos meteron no porto, a primeira vez que corria por el, fixoseme eterno, para min seria mais bonito se lle alargasen ata o castelo de San Antón, donde a xente poderia animar e quitarlle a ese tramo, donde se non é por cabeza, paran as pernas... Nese punto , pregunta, Cómo imos?, e os tres ben, asi que a idea seguia en pe, saida do porto, e enfilamos cara o Obelisco, donde esta a meta...

falamos, danos para chegar a meta en unha hora e cuarenta e dous minutos, este tremendo, tendo en conta que non era o obxectivo, e pensando que fixemos un extensivo, dos que preparabamos as maratons de Valencia e Malaga, o tempo esta moi ben, minuto e medio mais que a miña mellor marca persoal, de fai tres anos, o que tamen me da que pensar que vou polo bo camiño dos adestramentos, tanto de forza, como os deberes que me marcar cara o Triman. 
Meta
as verdadeiras medallas que valen, na Coruña, non nos andamos con chapitas, e dan un bocata de chocolate do Sanbrandan

pasos quilometricos



e por suposto, para min moito mais importante que os tempos, a miña fc da proba.


en definitiva, un dia feliz, unha mañan estupenda, rematada cun bo recovery na mellor compañia., e as que quedan compañeiros.





 

1 comentario: