Unha fin de semana curiosa...
Como digo, curiosa fin de semana deportiva, o sabado cando estaba facendo os deberes de activación para ir a Lugo, donde tiña unhas boas espectativas para facelo ben (e fixeno de cine ), sentin un pinchazo no xeonllo, o principio, foi unha sensación de que pasa aqui?, parei, unhas fregas, acabei o adestramento ben, pero a media que o dia continuaba, a molestia ia a mais, e a cabeza tamen empezou a dar voltas. Descanso, e a ver que pasa, pero asi non podo correr... cando marchei para cama, estaba convencido que non ia correr. Pola mañan, levantome cedo, e esa molestia en algunha pisada, non sempre, lembrame unha lesion de xeonllo que tiven vai xa cinco anos. Camiño de Lugo, todo correcto, chegamos o mesmo sitio que o ano pasado e montamos bicis para ir a preparar, todo ben, pero xa co tempo xusto para empezar o Duatlon
Deixamos a bici e na transicións un luxo co dia que vai de frio, poder estar dentro dun pavillon para ter as bicis, en canto me poño a quentar, outro aviso do xeonllo, casi coxeando, non dou arrancado e evidentemente asi non podo competir... sigo camiñando, dandolle voltas a cabeza, outro intento, pero non vai ben a cousa, unha pequena automasaxe no xeonllo, e como a primeira parte da carreira e unha saida do circuito para entrar no que lle temos que dar tres voltas, decico que me poño atras do grupo, vou trotar a ver como vamos, e se me teño que retirar, pois nunca peor...
Arrancamos, e vou con Oscar, atrás; a miña idea é probar, a ver que pasa, e pasa que pouco a pouco empezando a correr ca cabeza no xeonllo, van pasando os minutos e parece que todo aguanta, non quero forzar e o terreo blando, con lama, herva hai que ter a cabeza moi ben pensando donde poñes o pe, o risco de caida, resbalón está presente e o que non quero é lesionarme. Primeiro qm a 4:19, segundo a 4:16, pero tamen noto esa falta de quentamento, para ir o ritmo, levanto o pé, porque xa me dou conta que asi non acabo, non é o dia para ir asi, reseteo e a controlar.... baixo a 4:30 os seguintes quilometros, e chego a transicións en 22 minutos clavados...
Saida en bici, aqui empeza o meu verdadeiro nivel... o que da o que ten non se lle pode pedir mais, pero amigho, temos que ter mais, fáltanme moitos quilómetros de flaca e notase, vou dando, pero hoxe non son capaz de coller o ritmo, o ritmo bo quero decir, o meu si dame para facer uns 24 qm/h de media, e na ultima volta o circuito ir de último, pero como me dixo un voluntario, tranquilo que o último quedou na casa. Tempo en bici 54:30
final da bici, e transión a carreira, son dúas voltas outra vez o circuito, o xeonllo, estame decindo que vaia amodo, cando me poño a correr vexo a un compañeiro que me pasou na bici uns douscentros metros de ventaxa e penso, se o paso marcho contento para casa... na segunda volta xa estou a uns trinta metros e antes da ultima recta para encarar o pavillon e meta, o oficial que me acompañaba en bici, di, dorsal 209 adelanta... quedaran uns catrocentos metros para meta, o xeonllo estame decindo para dunha vez...
Meta 1:31:52, posto 13 na miña categoria.
O sabado pola mañan, tiña outro obxectivo, pero tal como se dou a fin de semana, estou moi contento. Hai dias que toca outras cousas, que vences as túas pantasmas interiores e acabas ca sensación de gañador absoluto.
Pero o que non se pode perder é a realidade, o Duatlón é a excusa perfecta para o recovery, con Fran Oscar, Jorge y Oscar, un churrasco e unha estupenda sobremesa, dias asi fan que facer deporte pagan a pena.
As tradicións de Oscar... En Lugo toma un recovery Galician´s Style
Bo final, e cadaquen para súa casa a descansar
No hay comentarios:
Publicar un comentario