martes, 14 de febrero de 2023

Media Maraton A Coruña 23

 A media da casa, non se podia faltar!


Os tres seguimos xuntos, ainda que Fran xa nos deixou en popa polo seu nivelazo. Eu hoxe tiña un obxectivo que era facer a miña marca persoal, creo que vai a ser a única media, polo menos ata despois do homedeferro, que será asi. Baixar de 1:40 é posible, o adestramento sigue facendo o seu traballo e atópome moi ben, asi que mesmo despois de facer 130 km de bici entre o venres e o sabado, segundo o plan de adestramento (habia que ir en agotamento a carreira), estou mentalmente preparado. Ca axuda de Fran que me fixo de liebre e da espectacular Paloma, vou a ir a por esa MMP.

Un pouco de quentamento, fallamos de ubicación para a foto do club, e cun pouco de prisa, imos cara o caixon de saida. Vexo que hai un globo de 1:40, estupendo!, unha referencia mais!, ainda que sigo pensando, que Fran e o Garmin, son perfectos para ir como teño que ir.


Saida; como sempre a masa lévache, e o primeiro quilómetro márcame un 4:13... a donde imos!?, e ainda asi, vou por detrás do globo de 1:45 e 1:40... mi madriña, aqui algo falla!. Diante da casa do Mar, xa paso a Gabi ca sua banderola e anímame a coller o meu sitio, xa todo se vai normalizando...


Vas gañando o teu espazo, xa empezas a coller o ritmo, gústame ese xiro a dereita para ir ata Elviña e voltar. Un bo tramo con Mendo falamos o que podemos, xa a estes ritmos, ainda que todos temos fondo, as conversacións son mais de cabeza que de boca. Baixando de Elviña, adiantamos ó globo de 1:40, Vexo a Fran e Paloma diante a uns vinte metros, por donde me pasaron? pero poñome a súa par e  xiro pola Ronda de Outeiro, outro tramo novo para min, estame gustando o circuito, ainda que cruzo os dedos, queda o porto e a miña referencia e das últimas veces, asfalto roto e despois de ir a Oza, penuria. Pero eso xa chegara, entramos na Rua Ponte, para ir cara casa do Mar, e entrar en Oza, sigo a estela de Fran e Paloma, o ritmo é bo, non hai costas, non hai problema.
 


O tramo mais duro e mais triste da media, chegar ata a glorieta do Porto de Oza, coidadiño co camiño de ferro que atravesa a estrada, e o voltar, pensar en entrar no porto... buff, pero outra sorpresa do percorrido, entramos e seguimos rectos, outro tramo que non coñecia, que estreno e doble sorpresa, o asfalto do porto esta novo, da gusto correr por el...

un dos cordóns, empeza a afloxarse, ( tiña pensado poñelos ben antes de empezar, pero esquecin repasar ese tema) e no avituallamento do dez, digolle a Fran que sigan, que xa os pillo, el que van a levantar para que os pille, o traballo dunha liebre, non so é levar o ritmo se non preocuparse do seu equipo. 

Saida do porto, temos que voltar e ir a outra parte da ciudade, a Riazor espera.

Sigo detrás de Fran e Paloma pero subindo cara o estadio eu levanto un pouco o pe, cinco segunditos, vou por diante do meu obxectivo, estamos en costa e hai que subir a Torre de Hercules (ou eso cría en ese momento) asi que "gardamos das risas pas choras". Costa abaixo polo Praia Club, que lembranzas da miña Maratón Atlántica, espero que non a eliminen do calendario, seria unha boa desgraza para a cidade.

Todo normal, a costa da Casa do Home sigue achegándose, pasamos a fonte dos Surfeiros, e a cabeza ten que manter o ritmo, ata a Torre queda un bo cacho, tira "Carliños", non perdas de vista a Fran, ese é o obxectivo. Non pode ser!?, vexo baixar o globo de 1:35, moi rápido fixeron ese tramo..??, e de repente na glorieta da Casa dos Peixes, damos volta, unha alegria, agora costa abaixo!!

Para baixar todolos santos axudan!, asi que xa no km 19, sei que o obxectivo esta feito, queda percorrer ese tramo que uns meses atrás facia animando os maratonianos, e agora tócame a min, choco mans con Tere e damos volta no banco Pastor. Non sei que me pasou, pero mira que vin o percorrido, pero na miña cabeza, tiña varios tramos equivocados... e o último tamen, eu soñando que dabamos a volta cara a meta no Colon, e non, habia que ir Parrote, un tramito extra, pero xa cun sorriso, sabendo que o obxectivo esta mais que listo..

Entrando en meta...

1:38:45


obxectivo mais que conseguido. Agora toca continuar, que esto non para.

tempos de paso.




No hay comentarios:

Publicar un comentario