lunes, 27 de marzo de 2023

Vig-Bay 23

 Unha das etapas que vou queimando neste 23, 

unha proba mítica e que tiña ganas de ter no curriculum. 


O camiño ten paradas, ainda que non esquecemos que a meta ainda esta lonxe. Hoxe tocou madrugar, xuntouse a viaxe co cambio de hora, pero chegamos ben a Baiona, e como sempre cada vez que vou a un sitio e tomamos un cafe, eu tomo un cola cao, non me gusta probar porque me afecta o estomago eses cafes que non estas acostumbrado, e a sorpresa foi que me puxeron un NosoCao, a verdade e que fixen glup, pero bueno o final nin tan mal.



Despois de tomar ese almorzo, collemos o autobus cara Vigo que nos levou a saida. Coller dorsal, falar con compañeiros e quentar un pouco, moita xente, bo ambiente e xa con calor que me lembraba a que pasei no Desafio Cies, por setembro. 



preparado para sair.


os primeiros quilómetros, moitisima xente, xa facia tempo que non tiña esa sensación, casi, como na maraton de Valencia pero unha vez que pasamos a praia de Vao, e empezou a costa o espazo para correr xa o tiñas sen problema, eso si, durante todo o percorrido acompañado por outros corredores o que realmente é un gusto poder vivir unha carreira asi.


a única subida importante do perfil era do km 3 o 6, donde procurei ir a 5 min/km, despois todo baixada ata a praia América, eu ia en modo extensivo pero tamen tiña a sensación de comodidade, e como estaba nun grupo funme deixando levar. O percorrido ainda que era a primeira vez que corria a Vig-Bay, era coñecido, o mesmo de ciclismo do Desafio e estaba confiado. Gustóume moito que estiveran marcados tódolos quilómetros cunha bandeirola, e a partir da praia América tamén o que restaba, asi  ias sumando e os cen metros, restando.
Desde o quilómetro quince xa ves Baiona e xa parece que esta preto, ainda queda pero a verdade é que é unha carreira cómoda. Boa organización e para repertir.

Parciais

Meta

Recovery pertinente




E moi boa compañia, o final un día estupendo,
 unha carreira mais, unha experiencia mais, e un pasiño mais. 

Obxectivo principal do ano a tres meses vista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario