lunes, 29 de abril de 2024

Maraton Madrid 24

 

Maratón de Madrid, 

Fin de semana estupenda, con viaxe a capital o sabado pola mañan, e xa con parada directa na feira do corredor para coller dorsal e ir ó hotel a deixar todo o material.

co compañeiro Fran, viaxe perfecto.

xa en Madrid


o muro co nome de tódolos participantes da carreira.




agasallos sorpresa, nunca se estrea nada o día da carreira, pero mañan faremos unha excepción, esa visera ten que ter un sitio prioritario no uniforme de corredor.


despois dun bo paseo e de dar de comer a quen ten fame, collemos o metro para ir a base


 


mañan correremos por aqui



 Hotel, xantar e paseo por Madrid, e xa que vimos, pois que mellor que ir a ver un partido de champions e visitar o Wanda Metropolitano. Pero como por culpa doutro equipo cambiaron a hora para mais tarde, pois paradita nunha terraza a tomar algo con Ruben e Danae.



imos para o Wanda que se fai tarde, por certo, encantoume o estadio por fora e por dentro, a bandeira espectacular, outro estadio que se marca no curriculum.






pero vimos o que vimos, previsións moito frio, asi que despois dalgun consello e velo en Valencia, un mono de pintor ata que saiamos a correr. Esta maratón, a referencia é que é dura, que hai que gardar, que hai desnivel, que veño cos adestramentos de Barcelona, e o obxectivo é acabala, sen mais. Por dentro quero baixar de 3:40:00 e seguir cuns tempos regulares, pero será o que teña que ser.

entrando no caixon de saida, numero 5. o final non tiven a sensación de frio que se esperaba, pero teño que recoñecer que o mono de pintor, esta moi ben para estar antes do inicio, moi recomendable para outras carreiras, sobretodo se empezan antes, nós tiñamos a saida as 9:20, un pouco tarde para o meu gusto nunha maratón, pero seguro que habia quen estaba encantado, nunca chove a gusto de todos.



Saidas escalonadas e arrancamos.




As 9:20 empezamos a carreira, como sempre o principio un pouco caos, e o estar mesturados os que corriamos a maratón, e a media non sabias moi ben con quen estabas o teu carón. Primeiros quilómetros cara arriba, e xa o principio pasamos polo Bernabeú, en fin, non sei como sera por dentro, a última vez que estiven foi cando lle cantamos o cumpleanos feliz e marchamos cunha Copa do Rei, pero o dito, pareceme mais bonito o Wanda. Seguimos subindo e plaza de Castilla para dar volta e empezar unha baixada, hai que ir tranquilo e non querer recuperar o tempo de subida, con Fran é un placer correr, controlando ritmos e sabendo en cada momento donde estabamos.

O noso ritmo era ir pouco por enriba dos cinco minutos, para ir tranquilos, pero as subidas e baixadas constantes acabaran pasando factura. Sen mirar moito mais van pasando os quilómetros e pasamos por enriba da saida no dezasete para ir a Puerta del Sol donde separan os corredores que fan a media dos que imos a maraton, en un xiro, a carreira cambia por completo, aqui xa sabes que os que te rodean van a facer a distancia, e as risas baixan de intensidade, sabemos que ainda non chegamos a mitade do camiño e queda moito.

Despois de pasar o Palacio Real e a Plaza de España pasamos a media maratón, 1:48, imos controlando, pero tamen por referencias queda o peor, pasar polo parque del oeste e casa de campo. Mentalmente empezo a facer as miñas contas, seguimos xuntos pero despois de pasar a avenida de Valladolid, km 27, dígolle a Fran que me vou a poñer en modo reserva, que el tire un pouco mais, que xa nos veremos na meta. Irei un pouco mais tranquilo, pero vou a chegar a meta, que aqui vimos a ser finished e ese é o meu obxectivo real, esta maraton esta dentro dun reto de cinco, e hai que facela, punto.

Casa de campo, vou vendo como Fran se vai distanciando, pero vou mais tranquilo, por min e por el.

Seguimos, algunha costa sorpresa, que mentalmente te cagas na  "terra de la libertad" e tamen nas costas abaixo, os cuadriceps protestan, pero non terán un par de quilómetros planos para poder ir a gusto?, parece que non.

No quilómetro 34, a gran sorpresa de ver a Felipe, que estaba esperando por min, un placer e acompañame uns metros, dame ánimos e algún consello para o queda e que por suposto fixenlle caso os lugareños. Repetimos a foto que nos fixemos en A Coruña no 2019.


 

Grazas desde aqui Felipe.

Seguimos e no xusto despois de pasar o control do 35, teño que camiñar 50 metros, esa costa costoume!, non parei pero doume ganas, un xiro a dereita e vese unha costa abaixo, collo ritmo de novo e seguimos, cada vez un pouco mais lento, pero constante. Poñome o par dun grupo de corredores, cun lider que ia cantando o que viña, costa ata ese semaforo!, falso llano!, subida ata o hotel Princesa etc etc.. xa estamos no 38, aqui nótase que subimos, como en toda a carreira, pero xa o único que penso é que quedan catro, despois quedaran tres, visualizo a miña ria, donde teño todo mallado, e asi sigo paso a paso.

O sair da Rúa Bustamante, temos un apendice cara abaixo, que seran uns douscentros metros, cun xiro de 180º, ves a xente subir, e encarar a meta, por fin, parece que esto acaba, pero non, non me lembro dun final que se me fixera tan duro mentalmente, avituallamento, e a xente berrando que estamos no 40, xa non queda nada, pero si, queda un mundo!. Estación de Atocha e seguimos subindo, miro o frente buscando unha referencia, non vexo mais que corredores diante, público animando e outros cruzando intentando non molestar. Algún corredor pásame, eu paso a outros porque apreto un pouco, non por marca, non por forza, simplemente porque quero acabar dunha vez.

 Parece un mundo en distancia, falta un quilómetro! escoito, e o mesmo tempo penso, pero non faltaba un desde fai moito?. Miro o frente, vou pasando xente, penso que vou a toda, pero o ritmo e e 5:40, miro a dereita, e vexo a figura de Velazquez no Museo de Prado, esquerda fonte de Neptuno, un pouco mais arriba, que seguimos subindo!, Cibeles, aparece o que creo que é o arco de Meta, pero vexo que a xente sigue correndo, acordome na chegada de Valencia, o marabilloso que foi o último tramo donde marcaban de cen en cen metros a distancia para meta, aqui nada. Madrid ten as súas cousas, e seguimos, non se ve o final, paso o arco, e por fin acabóuse o conto, pero sinceramente un pouco desilusionante a meta.



 

Sigues camiñando, tardan un mundo en darche a medalla, pero que medalla!, costou gañala pero pesa.


e despois o de grabar a medalla unha odisea, casi unha hora!, os problemas, pasan aqui e en calquer sitio, o final na cola ainda falas con outros corredores que tamen estan na tua situacion e xa estamos falando de outras carreiras, e novos obxectivos.

Tempo final, tal como foi a cousa, quedei satisfeito.


 

Curiosa grafica.


perfil


 

A fin de semana, non podia acabar sen un bo recovery.

Fran, Oscar, Carlos, Ruben, Danae mais eu tiñamos que facer recarga de hidratos.


 






Despois de comer, para o aeroporto e casiña, Fran mais eu tiñamos un voo distinto asi que mentras esperabamos miramos o Depor.


Para casa, a descansar e ata a próxima.

Xa temos tres das cinco, queda menos para conseguir esta pulserita, pero imos traballar para tela.



a pola seguinte.






2 comentarios:

  1. Enhorabuena una vez más Carlos. Por lo que comentas, la parte final se hizo bastante dura, pero lo importante era conseguir el objetivo, y lo hiciste así que a disfrutar de ello y a por los otros 2 retos. Qué buena la crónica comentando los sitios por donde pasabas. Me encanta Madrid. Pintaza esas pizzas finales. Y sobre el Atlético/Wanda y Real Madrid/Bernabéu ... no voy a opinar, ya sabes de sobre lo que pienso :). Y la gloria ya sabemos todos donde se respira. Lo dicho, enhorabuena Carlos (Javi).

    ResponderEliminar