Unha mañan correndo ó carón da muralla
Unha maña perfecta para correr, chegamos a Lugo, cambiámonos e a quentar. Hoxe tiña un obxectivo e era ir de liebre marcando o ritmo de ir a 5:00 e despois ir evaluando. O circuito o mesmo que o ano pasado, un pouco de sube e baixa, pero desde logo nada que ver co de fai dúas semanas en Madrid.
Oscar mais eu iamos a ir xuntos
dan a saida do 10k, e xa nos avisan que en cinco minutos abren caixóns para irse metendo, quentamos e xa sen moito mais, entramos.
Pacho, Oscar mais eu
obxectivo, ir a ritmo e con xeito.
Primeiro paso a 5:02 perfecto. Xa imos collendo o noso sitio e realmente unha das carreiras donde menos xente pasamos ou nos pasan, nós fomos todo o tempo regulares e claramente saimos donde nos correspondia porque o final fixemos a media sen moitos problemas. Dirixímonos a primeira volta, son dúas de 10k, que sempre da para entender o circuito, saber donde apretar ou donde recuperar. Imos o tres xuntos, e seguimos tranquilos.
Eu ia marcando tempo, e ainda que o Garmin marcaba o km uns metros por diante, controlaba o punto marcado pola organización, e iamos a 4:59 / 4:58, o ritmo obxectivo e un pouquiño para recuperar nas costa arriba. Todo controlado.
Primeira volta, animos de Uxia que nos acompañou na viaxe, e tamen de Arantxa que o pasar por meta vémola, saudamos, e seguimos cara a segunda volta. Xa imos no once, imos moi ben, e xa queda repetir. No noso km12 cruzamonos con Fran, que vai no seu km 16, miro o reloxo e marca 1:01:15, digo, buff, como vai, seguro que acaba por debaixo do seu obxectivo (efectivamente fixo un tempazo e quedou cuarto na súa categoria, impresionante). Nos seguimos ó noso, marcando tempo, ainda que imos con casi 30" de adianto sobre o horario previsto. Pacho aguanta, e Oscar esta o meu lado, todo correcto, e despois de sair da volta o parque e a subida quedan casi tres kms para soltar e reevaluar.
Oscar e o mellor grafiti do mundo ( ano 23 )
xa baixando para entrar no interior da muralla e afrontar a última subida para achegarnos a meta.
Estamos ben, estamos os tres e imos con espectativa de baixar do 1:45 inicialmente previsto.
Despois da volta polo exterior da muralla, que o ano pasado encantárame, no interior este ano había un pouco mais de obras do aconsellable para unha carreira e había que estar atento donde se pisaba. Entramos na zona de meta, había que pasar polo lado e ir ata unha glorieta para facer a distancia. Imos ben e aceleramos acabando a 4:20 e entrando en meta xuntos para un tempo final de 1:43:45
Tempos de paso oficial e do Garmin
por postos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario