Un sábado inmellorable
Imos a Molinaseca, chegando xa nos indica o coche que vai calor, e ainda que pon 40º, o final foron uns agradables 37º, ideal para estar na piscina, tomar cervexa e gozar do ambiente.
Cando chegamos, o primeiro bañarse, tomar un refrixerio e esperar para coller os dorsais, Uxia fixo a andaina, Oscar mais eu iamos ó Trail. O percorrido circular é igual, agás que nos facémolo no sentido das agullas do reloxo, Uxia ó contrario, despois de ver o perfil, non sei cal sera mais duro?.
o dorsal oito, nin pedido poden escoller mellor número para min.
O de que sexa unha vila pequena e que teñamos a mellor anfitriona que pode haber, da para coñecer a todo o mundo e todos nos din o mesmo, "coidado co calor, hidratación e sentidiño".
Oscar e Arantzazu
Con Uxia, que saía un pouco antes que nós
Co liante, agora que escribo esto e despois de sobrevivir a esta tarde,
(o mellor ainda repetimos para o ano que ven).
Arrancamos as sete e media, damos unha volta por Molinaseca agrupados, e unha vez que cruzamos a ponte, empeza o Trail. Espérannos tres quilómetros de dura ascensión polo Camiño de Santiago. Cando fixen o Camiño en bici co amigo Jose e baixando de Foncebadon, acórdome que decidimos acabar ese tramo pola estrada, o perigo de fastidiar as bicis ou peor, caer nós, era moi grande, asi que para min era a primeira vez que facia ese tramo.
Non podemos parar a contemplar a paisaxe moito tempo, as moscas en estos lugares son carnívoras e non perdoan un momento de descanso, ainda correndo atacan!, como para estar parado.
De tódolos xeitos, os quilómetros van caendo, sete, oito, pasamos polas pontes de Malpaso, e xa divisamos Molinaseca, e sobretodo xa apetece ter ese paso polo rio, para encarar a meta, ca calor que teño, cando te din, "coidado o pasar que pode resbalar", etc, estou pensando, non me tiro de cabeza, polo que dirán, pero que me vou meter ata gorra, como que me chamo Xoan Carlos...
En este punto xa vou no límite, nótase que non estou afeito a esta temperatura e a estes trazados, Oscar que xa é un lugareño mais, vaime esperado para chegar xuntos.
Do mellor do Trail, esa chegada, ese tirarse o rio e refrescarse antes de cruzar a liña de meta
Perfil
Nós fixemolo de esquerda a dereita, Uxia de dereita a esquerda, despois de facelo,
non podo afirmar cal é mais duro.
Despois de meta, imonos cambiar, bañardor e esperar a Uxia..
Toca piscina e recovery, en Molinaseca e sobretodo na Bodega El Labrador, só saben poñer "recovery premium"
Despois de cear, por terceira vez, a piscina
Toca voltar, unha tarde estupenda.
Queda pendiente unha fin de semana, pero sen correr, só turismo e gastronomía.
Grazas Arantzazu e Oscar por este día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario