Do Grove a Sanxenxo
Outro día para pasalo ben e coller experiencia, para acabar o que para Marian e para min foi un ano moi intenso de adestramentos e que cando nos inscribimos non estaba presupostado todo o que pasou estes últimos dous meses; mais a vida continua e sempre nos amosa que as cousas non son como se planifican e por moi medido que este todo, hai que fluir cas circunstancias e gozar do que ven.
As seis da mañan arrancamos para Sanxenxo, donde un autobus nos ia levar a O Grove, punto de saida da Media Maraton, Uxia, que ia facer o 10k quedaba esperando polo seu autobus, ela tiña a saida un pouco mais tarde.
As previsións era de moito calor, pero o final entre o vento e as nubes tampouco estivo tan mal e ainda que no percorrido habia dous avituallamentos líquidos, quizais quedouse escaso.
Chegamos O Grove, collemos dorsais, camiseta e manguitos, a verdade que un detalle chulo da organizacion e imos tomar un cafe. A saida prevista as dez, dábanos ese marxe para ir colocando as cousas, quentar, ver amigos e prepararnos para arrancar.
Unha cousa curiosa e que ainda non sei cal foi o criterio para a numeración dos dorsais, a min tocoume o dorsal N 2, nunca tivera un tan baixo, fixome entre ilusión e gracia
e despois de falar con compañeiros do club imos para a saida, que empeza pultual. As dez arrancamos, e ainda que o meu obxectivo era ir tranquilos, teño que recoñecer que empezamos mais forte do que tocaba. Saimos e o grupo vaiche levando, o primeiro quilometro a 5.35, xiramos para dar unha volta a Illa da Toxa, a primeira vez que estaba en ela.
Vai calor, e intento ir a un ritmo controlado, é a miña primeira Entrerias, e ainda que estaba informado, non esperaba un final con esas costas tan longas e tan traicioneiras.
Despois de sair da Illa xa nos diriximos cara a Lanzada, o camiño son longas rectas con pequenos desniveis pero nada fora do común.
Vento e sol, no km 8 chega o primeiro avituallamento, doulle un xel a Marian e collo dúas botellas de auga, hai que ir regulando a pequenos tragos.
Chegamos a Lanzada e danos o vento de frente, un pequeno muro que tamen pasamos.
A carreira tamen ten unha parte de relevos, no once noso, esta o dez para meta, donde van a facer a saida un pouco despois de pasar nós, como sempre Uxia animando antes de iniciar ela a sua carreira.
Despois de pasar a saida dos 10k, empeza a verdadeira realidade de Entrerias, unha boa subida para facer boca, cando miras de lonxe e ves esa curva donde parece que xa se acaba a costa, e o chegarte ves como sigue e sigue, empezan a picar as pernas!.
Pasos cortos e cabeza abaixo Marian !
A primeira pica, a segunda deixa o ánimo baixo, tamén a subimos amodo, pero faise longa, despois da subida temos avituallento, primeiro uns xeles, despois auga.
a baixada da segunda parece que recuperas, e ainda que empezas a visualizar esas distancias a meta que temos interiorizadas do noso patio de recreo o sube e baixa final fan moita mella. Estamos en tempo obxectivo mais ainda falta un mundo para chegar a meta.
Entramos en zona urbana, unha subida final e baixada moi pronunciada, a xente anima e o que non esperaba era o ultimo pico para pasar polo parque de Punta Vicaño, ese tramo final foi moi duro por inesperado e tivemos que baixar o ritmo o mínimo. Non importa o tempo
"Cando das todo o que tes non se pode pedir nada mais".
Imos tranquilos ata o punto alto, e o entrar no paseo de Praia Silgar, voltamos ó noso ritmo pero xa ca visión de meta o final do paseo
Outra media para o curriculum, a miña 27ª con dorsal, a 2ª de Marian, aqui acabamos ó noso curso 24/25, menuda viaxe Xeitosa!!.
Non se conseguiu o tempo obxectivo, pero conseguimos moito mais, loitamos, fixemos camiño, chegamos a meta e seguimos con ilusión por moitas mais carreiras.
Novamente grazas por deixarme compartir este camiño contigo.
Pero aqui non acababa o dia, por unha vez e sen que sirva de precedente, tocábanos ir a animar a Uxia que estaba acabando a sua carreira de 10k
e o chegar a meta, outros serán mais rápidos, pero quen o pasou mellor?
Tiñamos pensado ir a praia, despois da carreira, pero fomos a mollar os pes, que tampouco é mala cousa
e despois de remollarnos na praia, había que ducharse para o recovery, (nota do autor, era un home e dúas mulleres a ducharse) doume tempo a tomar unha pola miña conta...
o mais importante de todo esto, as viaxes deportivas tamen teñen que ter a súa parte gastronómica,
se non para que?
Un pouco de pasta e pizza, acerto seguro no Sorrento Restaurante
en fin, outra mais para o peto, como sempre digo, "que o dia con dorsal sexa dia de festa"
e hoxe tamen foi.
A pola seguinte!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario