miércoles, 30 de abril de 2025

Trail Illa de Ons 25

 Un pouco de festa




Un trail como excusa para pasar un día estupendo.

Arrancamos as seis da mañan cara a Bueu, temos que coller dorsais e embarcarnos a Illa donde iamos a correr o Trail. 






Chegamos con tempo, a carreira empeza as 11:30, e as 9:00 xa estabamos na illa, recíbenos un día estupendo e con previsión de calor. Como temos tempo, un cafe cun croasant, e preparamonos para o que se ven.


con Adrian, 
que hoxe para nós é un pensar o que se nos ven dentro dunhas semanas, e da que xa non me quito da cabeza como o obxectivo de maio. (evidentemente terá o seu cousas, pero hoxe toca Ons) 


Hoxe non fai falta quentar, pero a compañeira de fatigas, como lle poñan música na saida, xa se pon en modo esquío e non para... menos mal que poño o modo tranquilo eu.


Preparados para a saida, Uxia ia dar unha volta pero nós tiñamos dúas.


Despois dunhas palabras, iniciamos a carreira, obxectivo aparte de pasalo ben e descubrir a Illa, para min era a primeira vez que estaba, era acabar, tiñamos 2:30 de tempo, e xa lle digo a Marian, que imos a chegar en 2:20 aprox, asi que con xeito






A carreira vai por camiños moi transitables e nas costas camiñamos, estoulle explicando que un Trail non é unha carreira de asfalto, os conceptos son distintos, e hoxe aparte do perfil e o terreo hai que ter moi enconta o calor. 
Hai que ir hidratándose constantemente, e como sabia que a organización non daba botellas para levar, que mellor que estrear as que comprei en Sevilla flexibles para este día.


A primeira volta e longa, ten 11 km e a verdade que pasar o Faro, ainda queda un tramo de baixada que se fai duro, calculo o tempo, sei que non podo tirar moito, pero animando e loitando contra os fantasmas que din que non se pode, seguimos. Xa se escoita o barullo de meta, nos temos que pasar pero ainda queda outra volta. Unha mais pequena, unha menos complicada, eu seino, pero teño que venderllo a campiona que se lle fai duro.
Pasamos por meta e iniciamos para a segunda volta... 1:15 
 digolle: - imos xuntos e chegamos xuntos.
o terreo da segunda volta xa é coñecido, e sabemos donde veñen as subidas, pero a calor apreta e os kms anteriores tamen fan mella, pero vou calculando o tempo e sei que imos perfectos para o noso obxectivo.



Subindo o Faro, animo e como sempre eu vou vendo fotos na miña cabeza, 
- vai para diante e sigue correndo...
(a min gustame moito esta foto)


a segunda volta é mais curta, pasamos por diante do Faro, e ten uns dous quilometros finais que parecen Camariñas ca súa baixada.


xa se escoita a meta!, unha baixada por unha estrada comoda e xa chegamos... 2:18:00


En Meta




o mellor premio, un pouco de auga fria, eu o final acabei bañandome, que o corpo pedia refrescarse antes de avituallarse no campo.


preciosa medalla


Despois de poñernos comodos, a comer...


Un cafe, praia, esperar o barco de volta a Bueu, e outro recovery premium antes de coller o coche para voltar a casa.
Un día precioso que xa queda marcado para lembrar cun sorriso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario