Pois outra molladura mais en Pontevedra...
Media maratón clásica pero que para min hoxe vai como adestramento e deberes para o obxectivo de finais de novembro. Despois de dous meses de sequia, parece que esta media esta gafada, e chove ainda creo que choveu menos do que decian as previsións.
Como sempre vir a Pontevedra é un placer, hoxe viñamos con todo organizado, asi que viaxe rápido, vir, correr e a comer con Uxia.
O Sr 4.0, levamos unha semana co dorsal na casa, pero non tiña imperdibles...
hai que poñerlle o dorsal :)
A primeira en arrancar é Marian, que vai facer os 10 km, e ainda que ven cos deberes na cabeza, hoxe non é mais que un adestramento de calidade para ela. Xa lle digo no quentamento,
-vai tranquila, chove!,
e chove cando sairon os 10 km!,
non pasa nada, eu sei que ten a capacidade para facer un bo tempo; con dorsal e o seu bule-bule vaino a facer de cine.
O de sempre!, teño que rebaixarlle a tensión, animala e facer de PTP, xa en carreira vexoa pasar no km1 e no km3, xa me dou conta que cando nos atopemos na meta, vaime a dar unha sorpresa co seu tempo final.. a ver como xestiona os últimos quilómetros de carreira, pero sei que o vai facer ben.
xa nos veremos en meta, pero agora toca ir o noso, que empeza a media maraton.
Como sempre na saida, moitos compañeiros, Oscar que en principio ia a vir comigo a 5:00 ata donde chegue decide, creo que moi ben pola sua parte, que vai arrancar mais amodo e apretar o final. Moi boa decisión pola súa parte porque chegou a meta cun sorriso, e eso é o mellor que pode pasar o cruzar a liña de chegada.
Diana a nosa compañeira de btt...
-veña! vou contigo que me gusta.
Arrancamos, chove e non deixa de chover, hai que ir saltando charcos e rios pola estrada, o primeiro quilómetro como en tódalas carreiras, o zig-zag é inevitable, eu vou detras de Agus pero imos un pouco rápidos, o segundo xa me leva co gancho, e cando vexo que me salta o garmin a 4:30, digolle:
- Vai en paz, compañeiro
eu sigo, pero xa non quero baixar e tiro o previsto, 4:50 e intentando non mollar moito os pes.
e por suposto o da ducha, xa o deixamos para casa, como me acordo de Catedrais e a súa auga quente, hoxe debiamos de ser cincuenta nun vestiario para dez, asi que toca, secarse, poñer a roupa e ir a tomar o recovery.
E agora toca voltar para casa, a idea era pasar a tarde por Pontevedra, pero Uxia, a mais intelixente do grupo, dixo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario