domingo, 5 de octubre de 2025

Backyard Curillas

 Un día por Curillas


 

 Primeiro ir por Curillas a coller a magnifica bolsa de corredor, e dar un pequeno paseo para ver o circuito, xa lle dixen a Uxia e a Diego que non queria facelo completo, mañan iamos a ter tempo e voltas dabondo

 




 e despois pasamos unha boa tarde por Astorga





 

a bolsa non pode estar mais chea de productos


 


 e despois dun bo paseo con Diego, a descansar que mañan hai festa, almorzo e tiramos para Curillas, hai que prepararse que a Backyard non espera, e eu teño moita ilusión, quero facer doble dixito, e penso que estou preparado.

O dorsais de cada participante, que seran retirados unha vez non se saia a seguinte volta


Preparado a nosa zona de avituallamento, pois queda esperar as nove, non hai nervios, vai un dia estupendo, non hai fresco para estar donde estamos, e a verdade que apetece tomar un cafe, queda un dia longo, e vai haber tempo para todo.


 

As nove da mañan, empezamos a primeira volta, un percorrido de 6705 metros, e un desnivel de 90 positivos en cada unha. Teño claro que vou superar as catro que fixen en Castro Caldelas, pero con respecto, non vaia ser que chuspamos pa´rriba e nos caia unha labazada. Unha curiosidade de Curillas, e que as voltas fanse nun sentido antihorario as impares, as pares en sentido horario, parece unha tonteria, pero a min despistoume bastante o sitio donde estabamos, co paso das voltas, vas familiarizandote pero eso, parece incrible, que facer o percorrido dun lado, e volver a hora o contrario, cambia tanto.

Reloxo a cero, empezamos 


 Unha primeira volta cómoda, risas, como non podía ser doutro xeito, e controlando o circuito, o chegar vexo que faltan uns cuantos dorsais do panel, xente que non arrancou, despois o nivel era alto, e co paso das voltas non habia baixas.


 Na miña cabeza tiña uns obxectivos moi marcados, o primeiro era igualar as volta de Castro Caldelas, ese era relativamente sinxelo, e sen casi enterarme chegou a cuarta volta, ianme saindo nuns 43/44 minutos, o que me daba tempo a relaxarme na zona de descanso, cubrir un cuestionario para un estudo da Universidade, que nos apuntamos uns cuantos corredores. A mañan ia tranquila, bo tempo, e Uxia con outra acompañante fixo migas, tiña que ir a Leon a facer un recado, e marchou con ela, polo menos tres horiñas xa cambiaba de pola, e eu estaba sen problema o meu.

avisan cando faltan tres minutos, dous e un  para voltar a sair a hora en punto, donde tes que estar dentro do corralito, se non quedas eliminado




 

As voltas van pasando, en cada unha tiñamos un tipo da avituallamento especifico cortesia da organización, eses son dous exemplos, cecina ou garabanzos con chourizo, pero había moito mais.


 


Unha vez superadas as voltas de Castro Caldelas, o seguinte obxectivo era chegar a séptima volta, e conseguir a  ultradistancia oficial, e despois chegar as oito voltas que fixen en Camariñas este verán. Tamén conseguido, pero neste punto, o meu estómago, xa di que non quer mais, e xa lle comento a Uxia que vou facer dúas mais e paro, quero chegar a dez. 
 
Volta nove, tiven entre sorte e mala porque nun punto plano, e con bastante terra, tropezo nunha pedra e doume un bo revolcón, golpe no ombro, cadeira, xeonllo, menos mal que tiña compañeiros o lado, e axudaronme a levantarme, estamos falando que xa van 60 km, e o corpo non esta para levar mais golpes, pero o orgullo, dime que vou a chegar a meta, e unha vez que chego, limpiome un pouco, parece que so chapa e pintura. Doeme, agora que estou escribindo esto, sigueme doendo, pero non podo parar aqui, digo vou a facer a última volta, a décima, o obxectivo do doble dixito e paramos, e saio pero co convencimento que xa é a última, polo menos este ano, porque hai que repetir...
Última volta, dor na cadeira en cada paso, pero xa despois de dez voltas, cinco e cinco en cada sentido, xa controlamos donde hai que camiñar, donde hai cancha para correr e vou regulando, non teño mais obxectivo que entrar en tempo e como non vou a voltar a sair, non hai problema polo descanso e avituallamento.
E chegamos con cinco minutos, digo que non saio a próxima, pero que habera unha próxima no 26, un placer  ser parte deste evento.
 
recollo o meu dorsal de imán, e dou por acabada a backyard de Curillas 25 

 
 
Nótase a volta oito, a nove da caida, e a dez de obxectivo
fai falta unha boa ducha 

 

Medalla, contento, satisfeito e dolorido por partes iguais


 Ata o próximo ano!

No hay comentarios:

Publicar un comentario