lunes, 15 de diciembre de 2025

Media Maraton Volta a Ria, Adolfo Ros, Neda 25

 Outra mais para o peto


 

A última do ano. A miña sexta Volta a Ria e curiosamente é a primeira vez que me toca sair de Neda, sempre é o mesmo percorrido pero o cambiar o lugar de inicio, cambia cada ano. A min gustoume o perfil desde Neda.

Arrancamos con fresco para Neda, pero o día estivo ideal para correr


 cafe para quentar e preparámonos


 

A nosa idea era ir tres a facela xuntos, pero un catarro de última hora fastidiou os plans. Quedamos Fran mais eu para correla e o mesmo tempo pensar en obxectivos que están por chegar e que fan moita ilusión.

Cada saida é unha festa para ver xente e da gusto.


 

Veña que temos 21 km por diante..!


 As dez en punto estamos atras de todo e soa a saida. Os dous primeiros quilómetros son en subida, imos tranquilos pero enseguida collemos o sitio, e poñemonos a adiantar xente, o obxectivo era ir a 5:00, pero o estar os dous fixemos algo mais.


 

Rapidamente pasamos por Fene e encamiñamonos a cruzar a Ponte das Pias.



 xa nos da o sol e o ritmo é constante, tódolos quilómetros por debaixo de cinco e controlados.

Antes de entrar en Ferrol vemos xente coñecida, saudamos, unhas risas e foto de rigor, Mariajo esta preparando cousas moi interesantes, damos ánimos e seguimos o noso.


 

 Entrar en Ferrol faise duro cando acaba ali pero aqui ainda estamos no dez e hai forza e enerxia dabondo, pasamos polo único control de chip da Volta a Ria

km 11,5 54:27

e xa nos diriximos a Avda de Castilla, unha recta interminable con sube baixa que se fai ben, e co ánimo constante de xente moito mellor.

 


O que son as cookies, nun punto unha persoa grítanos 

- Forza ragazzi !

e eu respondo cun sorriso

- Grace mile !

algo mais dixo pero xa non o entendemos.. Roma espera.

pasamos o km 14, último avituallamento no que seria a saida de Naron,  miramos o reloxo,e comentamos

 - imos para baixar de 1:42 !,  

é bo ritmo para as pretensións que levabamos 


 

seguimos cun perfil moi favorable e sen apretar mais do que toca, chegamos o xiro do rio Xuvia e a última subida, son uns 200 metros pero hai que darlle, despois xa queda baixar a meta. O chegar arriba, dígolle a Fran, estamos para 1:41.. 

Queda un último esforzo, algún de protección civil da ánimos e di, - quedan 500 metros e meta!,  moi controlado e baixando esa información tamen axuda. 

Vemos a curva que nos leva ó final, e tamen os cracks do club que xa acabaron, 

entramos en meta en 1:40:58

Non hai medalla, cousa que xa sabiamos, pero que a min sigueme parecendo incrible que a organización dunha media non de unha medalla, estou seguro que o 95% dos corredores prefiren antes que outra camiseta, pero eso xa son cousas miñas.

a nosa verdadeira medalla de finished

Ritmos


 

 

Pois a 31º Media Maraton con dorsal xa esta na casa. 

Seguimos con ilusión polas seguintes, que a roda non pare! 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario