A medalla con mais mimo...
Esta media non estaba prevista no calendario ó principio de ano, pero vai un tempo entrou a traballar unha nova compañeira. Ela tamen ten o virus das carreiras no corpo e por suposto as gardas dan para moito e falando do tema, miramos de facer algo xuntos. Sandra ten un obxectivo mais grande para final de ano, pero decidimos correr Lugo e poder falar con conocimiento de causa.
O primeiro foi acostumbrala as costumbres locais.
Unha vez decidido que nos interesaba Lugo e organizando axendas, todo preparado. Vanesa e Oscar tamen se xuntaron e fixemos un bo equipo para a foto pre e post, que xuntos, non fomos.
Quedamos en Lugo, as previsións son de condicións boas para correr, un pouco de orballo, un pouco de fresco, o ideal a non ser que sexas de Ourense e calquer cousa que non sexa un inferno te pareza frio, Sandriña, co bo que é correr con fresco!!
Antes de empezar a carreira tiña claro que o que mandaba era o adestrador de Sandra, o que el mandara. Aqui non estamos nunha carreira normal, non hai obxectivo, hoxe son deberes para unha carreira maior, pero a compañeira ten a capacidade de facer e desfacer na mesma frase. O final na liña de saida, iamos a correr cunha idea, que nos durou catrocentos metros...
Miramonos Oscar mais eu, e díxome:
Vai con ela que se nos escapa, e xa vos collerei.
Primeiros quilómetros e xa me dou conta que vai o seu, e ainda que lle vou explicando o circuito, para min é a terceira vez, voulle a dar un marxe de confianza, costalle!, pero "Sandra creo que me intenta facer caso"
A primeira volta vamos o ritmo que dixemos uns 5:15, e ainda que antes de empezar dixemos que a ver se baixabamos de 1:50 en meta, ese é un obxectivo que non teño moito en conta, preocupame mais como xestiona a carreira e a alimentación.
A media de Lugo, son dúas voltas a un circuito, o que da para aprendelo e na segunda apretar un pouco mais.
Lémbrolle cando imos polo oito, que hai que tomar algo de alimentación, protesta pero o estomago tamen se adestra. Este inverno co adestramento que fixen para Roma, teño clarísimo a importancia da alimentación na longa distancia.
o pasar por meta, cruzámonos con Vanesa que esta facendo un carreiron.
e empezamos a segunda volta, vou contandolle como vamos a Sandra, pasamos o km 10 en 53:00, dentro do previsto.
no km 14, temos a costa mais dura do circuito, baixamos un pouco o ritmo e xa recuperaremos, ali pasanos Oscar, que esta facendo un progresivo, e xa nos veremos en meta.
no km 16, pasamos xusto en 1:25:00, imos un pouco por debaixo do obxectivo da 1:50 pero a cuestión é como se afrontan estes ultimos 5 km. e temos unha baixada pola veira da muralla que nos da un marxe
O pasar por contrameta, vemos a familia de Sandra e cando voltamos para chegar, Erea fai os últimos metros ca súa nai.
Obxectivo superado. Hoxe non se trata de tempo, hoxe o conto era a xestión e aprender a levar unha carreira.
Vanesa chega un pouco despois, pero a meta chegamos cun sorriso.
A media maratón de Lugo non da medallas, e eso non pode ser. Erea fíxonos estas catro con todo o cariño e que xa esta colgada no medallero deste ano. A nosa primeira media xuntos, e seguro que habera mais.
o final, para min foi a miña 35º media con dorsal.
Unha mañan preciosa en Lugo.
Grazas pola compañia













No hay comentarios:
Publicar un comentario