A 34º Media e un pouco mais
Unha media que nos liamos porque somos de mecha corta, e quedamos de ir os tres xuntos. Despois da maraton do 24, dixen que non voltaba a Madrid a correr, pero con Fran e Oscar a fin do mundo vou, e entre risas e reto, imos a facer a media xuntos. Uxia tamen se apuntaba a fin de semana, e xa que estabamos, apunteina o 10 k, e xa se verá o que pasa.
O peor de todo e levantarse cedo, tiñamos un horario mais razonable pero Iberia cambiounos o voo, asi que tocaba madrugar. Repetiamos plan de Roma, e saindo cedo de casa, a Madrid marchamos...
Madrid...
Metro e a Feira de corredor, antes un paseo para buscar donde almorzar, e para dentro...
As camisetas son chulas..
Oscar, Fran, Uxia
O gran Khene,
Había que pillar o pin de Roma, a miña séptima maraton e o que mais ilusión me fai, ainda non a teño fisicamente, pero teño encargada outra sorpresa e que levaba buscando moito tempo. En este momento no podo decilo, pero prometo subir foto cando chegue a casa.
Despois de estar na feira ben de tempo, saimos para o centro de Madrid, imos comer, hotel, acomodarnos que pola tarde temos actividades que facer. Non todo vai ser correr, e cando vas sen presión de tempo, pois ainda da para gozar mais do turisteo.
Mañan corremos a caron desa lata de sardiñas...
risas e o que ten os monologos, cando te sintes identificado é que acertan.
e o acabar, paseito por Gran Via, para os que vivimos no paraíso, tanta aglomeración e fauna humana, faisenos bola, pero vas pasando e a seguir gozando. Imos a cear...un pouco de pasta, paseo, metro e para o hotel, que mañan hai que madrugar e levamos todo o día de tralla.
Domingo.. 6:45 almorzo, e Uxia tiña a sorte que podia voltar o hotel, nós xa iamos con todo para sair da meta ó aeroporto.
Este día en Londres Sawe baixou por primeira vez de dúas horas na maraton, el di, que almorza duas tostada e un te.. nós imos a outro ritmo, asi que non hai problema.
Uxia empeza antes, preparada e fixo un tempazo e sobretodo, disfrutouna
e nós, despois de deixar as bolsas, marchamos para o noso caixon, saimos mais tarde, pero fixonos falta o tempo.
Esperando que foran o baño..
xa no caixón, agora toca esperar a nosa saida, a idea é facer 1:45, que en Madrid, altura, perfil e calor que se adivina, vai estar moi ben.
As cookies e o 3:30, agora sonrio o vela, fai un mes, tiña unha espiña clavada, que grazas a Fran e as mitocondrias xa me saquei.
J.A.S.P, jovenes aunque sobradamente preparados...
se tes unha idade, xa lle metes música
Arrancamos e pódese correr ben, pero o que nunca me pasa.. serán casualidades, sempre lle comento a alumna que ate ben os cordóns e resulta que empezo e teño eu un desatado.
Continuade e collovos!
Km 5, despois de pasar polo Bernabeu e subir a Castellana, empeza unha boa baixada, Fran o noso metronomo vai marcando, eu vou falando con xente, unha chica que levaba o curriculum na camiseta... unha madrileña que me pregunta se somos vascos... Andaluces! digolle eu.. :),
empeza a apretar o calor, como imos xuntos os da media e os que van a maraton, pensas en eles, e o que lle queda, hoxe teñen moito merito, non me quero imaxinar ese km 30 pola casa de campo a pleno sol. Nós seguimos xuntos, Fran marca, Oscar sen problema e eu gozando e facendo fotos e sociabilizando..
Non quero xirar a dereita... Oscar imos a esquerda !En meta, os tres xuntos, os tres felicesA medalla de Madrid, preciosa
unha cousa que sempre miro, e casi controlo mais que o ritmo, a Frecuencia Cardiaca.
e a triloxia de medallas de Madrid xa esta na casa. Non chuspo pa´rriba pero a Madrid non volvo a correr, escrito esto, podo apuntarme sen problema para o ano que ven a calquer cousa, son un home de palabra! :)
Maraton, Media e 10 k.
Hoxe non tiñamos moito tempo para mais, acabar a carreira, un tempo para cambiarnos, e xa tiñamos que marchar para ó aeroporto.
En nada estamos nadando en esa praia e facendo un Olimpico..
Que bonita eres A Coruña!
e xa esta, unha fin de semana ben chula.
Quen sabe donde será a próxima !












































No hay comentarios:
Publicar un comentario