lunes, 19 de octubre de 2026

Media Maraton Pontevedra 26

Unha carreira moi especial


 

 Un día de primavera, correndo polo Mero con Marian, e falando de facer unha media puxémonos a facer números, posibilidades e na conversación, dixen

- Eu teño dúas na mente para ti... a Media de Pontevedra, mereces ter esa medalla de MM, despois de facer dous anos o 10 k, e....

- en serio? eu tamen pensei nesa, mirame e xa vexo o brillo nos seus ollos

xa non fixo falta decir a segunda opción...

- pois non se fale mais ( eso eu )

Marian:

 - buff, non imos a chegar, veran, non da a vida, non estou preparada, non vou a poder, etc etc...

os cinco minutos de chegar a casa, mandeille o aviso de que estabamos inscritos para Pontevedra.

Facer números, viña o verán e ata finais de agosto non iamos a concidir, non había moito tempo, pero co que tiñamos iamos a traballar... 

Organización, compromiso, un día a semana, o das fins de semanas ela soa porque as axendas non se deron, pero sempre cos deberes feitos e sempre mellorando pouco a pouco. Hai fondo de armario, e moitas ganas, eso axuda a marcar os adestramentos, o noso obxectivo desde o primeiro día é facela sen mais, o meu é que corra a Media, o seu é non morrer no intento. A ver quen acerta?

Empezamos traballando as tiradas sen mais, e imos incrementando ata que o final ainda nos dou para facer algún día de series e xogar un pouco a correr. Sen perder a base e incrementando semana a semana, acababamos e sempre lle explicaba o seguinte adestramentro como tiña que facer soa, o motivo do que lle decia e o tempo que tiña que estar correndo, e despois de decirlle todo, mirabaa, e acababa, ca idea clara....

- Despois de todo o que che dixen... vas a facer o que che da a gana, non?

- Si 

en fin, "o la quieres o la tiras... "


 

 e chegou o día, marchamos para Pontevedra, increiblemente daban bo tempo, un pouco de vento, pero sen auga. Non tiñamos prisa, e chegamos, aparcamos, imos a deixar a bolsa ca roupa e a ver o ambiente, moitos coñecidos, o de quentar, xa para outras carreiras, aqui non se gasta nin un gramo, que nos vai facer falta o final.

eu puxen os imans, non me gustan moito, pero teño que decir que moi ben, posiblemente repita.

a pola media...


 Saimos atrás, hoxe non nos importa o ritmo, mais ala de que imos a correr e chegar a meta e ainda asi na saida sempre te leva o pelotón, e saimos rápido, vou intentando frenar para coller o noso sitio, a partir do km 2, xa temos cancha para estar tranquilos.




 o percorrido xa o sabe, ten experiencia nos 10 km, e imos facendo, ata a primeira subida a Peregrina non hai moito que contar, van pasando os kms e facendo a volta 


 Mención os Trotalaxe, estaban un grupo animando, e cando paso polo seu carón, digolle:

-Veña esa xente de Laxe!, miranme e digolle - que son un Rata Peluda... e os ánimos volveron con forza 

( Jenny e Martin)

 e seguimos, pasamos o 10 km, temos que repetir o circuito. Xestionar o ritmo, seguimos correndo, agora toca a parte boa, bordeamos o rio e o vento de popa ata o km 15, 

- Falta moito para auga?, e digolle: témola a dez minutos, na Peregrina, tiramos e despois de subir por segunda vez a costa, atopámonos co posto desmontado e sen agua. Moi mal pola organización, os últimos tamen pagan a inscripción e non te podes quedar sen augas... Inmediatamente fago un repaso do público e corredores que xa acabaron o 10 km, pregúntolle a un compañeiro, Tes un auga da bolsa de corredor? e menos mal. polo menos safamos o momento. Agora toca baixar e axuda mentalmente. Empeza a miña labor psicolóxica, Xa pasamos o quilométraxe mais longo dos adestramentos, entramos en zona desconocida, pero mensaxes positivas, "pouco a pouco", "non temos prisa", e "imos a chegar!" 


 Pasamos a pista de atletismo por segunda vez, queda un ir e voltar, 2,5 km e xa esta Marian!, pasos curtos, pero sen parar, non queda nada...

km 20!! 


A pola meta!! ata aqui chegastes conmigo, agora é cousa túa, e non paramos!!!

veña! quedan 500 metros, xa estamos! 200 metros, entramos no estadio, vemos a meta e o obxectivo esta mais que cumplido..

Espectacular! Carreira sen parar, de principio o fin.



 Esta medalla queda na memoria, a miña 37º MM


 e a medalla é preciosa, pero o ver a bolsa de corredor, non podo evitar lembrarme da miña compañeira Sandra e súa loita polo "meu" colesterol.. 

Sandriña, poñenno moi dificil!! 


 E xa imos a ducha, fria como o xeo!, a min que me gusta a ducha fria como que me den ca man aberta, pois un viches non viches!, efectivamente son mais rapido que Marian e esperando por ela, pasa polo meu lado o gran Terio Carrera esta en todas, e sempre é pracer escoitar como anima cando chegas a meta e da o teu nome


Imos o coche a deixar as bolsas, dar un paseo por Pontevedra e tomar un recovery antes de voltar para casa...


  moi bonito o detalle da cinta da medalla, poder poñer o tempo. Hoxe non se trataba de tempo se non de loita e superación e por suposto, en eso, somos campions!.


 Marian, pechamos circulo mais abrimos portas para a próxima !


No hay comentarios:

Publicar un comentario