Pois xa van oito anos de este entretenemento, para min non é mais que un cuaderno de bitácora e no que quedan recordos para ver o paso do tempo e por donde paso o tempo...
Seguiremos dando a lata, e poñendo aqui como o seu nome di, "Cousas e Cousiñas", e con casi 70.000 vistas das páxinas, sempre me sinto agradecido de cada persoa que pasa por esta casa, e se simplemente esboza un sorriso ou fai un cometario pois aplaudo cas orellas.
Éste ano quedan aventuras por diante, sempre teño algo no caixón para manter a ilusión, outra maraton, unha proba que non fixen nunca en btt e que espero responder con forza, algunha que repetiremos ca ilusión de mellorar, e como sempre algo inesperado sempre pode caer.
Non hai moito mais que engadir nesta entrada, pero as datas especiais hai que lembralas, asi que parabens a este blog :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario