martes, 27 de septiembre de 2022

Triatlón Desafio Cíes 22

 Para rematar o verán, e tirando do estado de forma do Triman, Desafio Cíes, unha fin de semana espectacular en Vigo.


Fin de semana en Vigo, con Uxia, Oscar e Esther. O sabado fomos para Vigo, habia que pasar o control de material, e despois dunha estupenda comida, fomos para a praia de Vao, que é donde esta o centro deste medio ironman, collemos dorsais, deixamos as bicis preparadas, e marchamos para o hotel. O dia estaba de verán, e os presaxios eran de moita mais calor o domingo. Despois dun paseo por Vigo e unha boa cea, no hotel, moita calor, non é excusa, pero o descansar mal, tamen axuda a non facer as cousas como se deben.

Domingo pola mañan, Oscar mais eu madrugamos, levamos o almorzo porque a esas horas non había servizo e trampeando, ainda nos saíu a cousa bastante decorosa. Marchamos para Vao e preparamos todo, ainda é de noite, pero xa empeza a verse a claridade do dia, teño unha imaxen xa nadando do primeiro longo de natación, donde os primeiros raios de sol xa nos daban na faciana.




A preparación, é tranquila, moitos coñecidos, e tensión, a necesaria pero sen ningunha pretensión asi que tranquilidade. Imos inda cara a praia, oficialmente 16º no ambiente, 20º na auga. Mirar o mar como un plato, ter unha liña de boias e dúas voltas por diante, sabes que empeza un media distacia, pero é a primeira vez que vou a sair e voltar entrar, non me plantexo nada agás ir de 500 en 500 que é o que me marca o reloxo, e realmente fago a mellor natación da miña vida, nunca estiven tan cerca dos dous minutos, ainda asi, queda moito que mellorar, e espero este inverno conseguir baixar algo ese rendimento.



Despois de sair da auga, unha transicion moi longa, ata chegar a bici, xa empezaba a quentar o dia, pero na bici, sempre refresca algo. Non coñecia o circuito, pero tiña referencias que era moi comodo, efectivamente, unha boa velocidade, sin facer locuras que sempre hai que gardar das risas pas choras, e van pasando as voltas, catro a un circuito curto, co único problema dos avituallamentos, realmente escasos, os bidons pequenos, e por riba, pouca cantidade de líquido neles, hai dias, que chega, pero éste non era un deses. Nas voltas cruzome con Oscar, que vai un pouco diante de min, e mais ou menos, controlo que vou ben.







acabamos a bicicleta, e aí empeza o inferno, quitamos ese ventilador do corpo e xa antes de sair da transición, a bofetada de calor fai estragos, ata este punto ia moi ben de tempo, mesmo con pretensión de facer un sub 6, pero xa no punto donde estaban Uxia e Esther animando, xa me din conta que non era o momento de sobrequentar a máquinaria, polo menos a miña. O circuito era de tres voltas, a ida ainda se levaba, pero despois dun punto de avituallamento, a volta polo paseo de Samil era un autentico inferno de calor, non queria abandonar, ainda que o pensei varias veces. A idea era correr a media, ainda que fora despacio, non fun quen. Tiven que camiñar en varios tramos, moitos para ser exactos na primeira volta, despois e xa ca cabeza posta en meta, so pensaba en chegar o avituallamente, darme unha ducha de auga, hidratarme, cousa complicada cando o estomago xa non quer mais liquido e ir correndo ata o seguinte avituallamento, asi pasamos a segunda volta, e xa chegados aqui non hai perdón, os ánimos son constantes, de público, voluntarios e compañeiros que xa acabaron. Queda unha volta, uns coarante minutos e estou en tempo ofical e sigo xa sei que a vou acabar, e unha vez que non se pode cumplir un obxectivo, pois buscamos o seguinte, e cumplimos.



 

 

 


Grazas Oscar por embarcarme nesta aventura





Dúas campionas animando, Uxia e Esther.





No hay comentarios:

Publicar un comentario