domingo, 9 de octubre de 2022

21 Leguas de Narón

 As 21 Leguas, unha proba que se celebra por primeira vez, e a que lle tiña moitas ganas, apuntado desde antes do verán, a verdade que foi unha sorpresa e moito mais dura do que parecia no perfil.


Iamos Jorge mais eu, e ainda que non fixemos equipo, sempre fomos xuntos. A nosa idea era facer a proba en pouco mais de sete horas, cousa que foi imposible. Despois de sair do paseo de Xuvia,facer 20 kms nunha hora de paseo por dentro de Navantia tiñamos o segundo avituallamento, paramos e sabiamos que empezaba a proba; saimos polo tunel de A Graña e temos a primeira subida forte, ben de pernas, subese con calma, xa empezamos a poñernos no noso sitio, pero queda moito.





Empezan os camiños e a primeira subida imposible cara o antiguo observatorio meteorolóxico. Hai que poñer pe a terra e todos os participantes imos en fila, tirando das nosas bicis ata que haxa algun tramo ciclable. Non sei cantos poideron facer a proba en bici, pero desde logo o que eu vin, ninguen poido. Como sempre en estas probas, o único que se pode pensar é en chegar o seguinte avituallamento, e xa estamos no km 30.






Saímos do avituallamento e xa temos a primeira baixada técnica cara a praia de Lumebó e Doniños e, como non podia ser doutro xeito, a miña técnica limitada fixome caer; non foi un pouco mais que chapa pero o aviso estaba feito: vai amodo que a próxima vas para casa. Jorge non, controla moito, e esas baixadas son para el, era o seu momento.

Acabamos de facer unha boa subida, unha boa baixada e chegamos a Doniños en 2:40. Empeza un bo tramo de técnica sobre area, para min complicado ainda que se foi levando, pero ainda que era camiño para facer quilómetros, o agarre fai que pareza que imos sempre costa arriba. Parece moito? Engadelle o nordés que nos daba de cara, e xa tes a combinación perfecta.

Seguimos ata a praia de San Jorge, e temos aos pes do cabo Prior o cuarto avituallamento. En cada parada comunico con Uxia, que esta en meta de voluntaria e así tamén sabe como imos. En ese avituallamento a vista é outra fila multicor de ciclistas tirando das suas monturas, porque se algún valiente intentaba subir, realmente era imposible pola trazada ocupada polos outros participantes.



xantamos, bebemos e tiramos, xa queda menos... 



Despois de subir o cabo Prior, imos cara a praia de Ponzos, tramo bastante levadeiro, e xa empezamos a pensar en descontar quilometros. Avituallamento e xa se empeza a notar o tempo na bici; xa pasamos o que sería unha saida de domingo, e o corpo vai pedindo descanso. Xa imos indo, pero de vez en cando a ruta agasállanos con algunha subida que xa nin te plantexas intentalo, pe a terra e ata arriba, e cando te podas montar, pois eso... en bici que mola mais. Mirador do Monte Vela, Bateria de Campelo Alto, baixada divertida ata o Lavarecido, donde nos din que estamos a oito de Valdoviño donde nos espera unha comida: un pouco de paella e dúas cocacolas que entraron como nunca, sucre pedia o corpo, e un chute de magnesio (a partir de agora mercurio...cousas nosas) que un compañeiro de ruta lle deu a Jorge



Saimos de Valdoviño, km 75 e levamos seis hora e media. O noso obxectivo, ou mais ben a nosa ilusión de tempo en meta, vaise polas pernas. Agora xa toca cabeza e sobrevivir; imos chegar a meta, pero en modo "low battery": cando haxa que subir, calma, cando haxa que baixar o que se poda, cando haxa que dar pedal, pois eso.

Subimos o mirador do Paraño, e xa xiramos cara o sur, dirección Narón. Ainda que non hai moitas gañas de falar, poñemonos o par doutro compañeiro que leva o bidon no Triman e xa temos tema de conversación e, como todos somos cortados polo mesmo patrón, Triman, Desafio Cies... que vas facer o ano que ven, etc, e asi van pasando o quilómetros e ainda que non é asi, case sen darnos conta, pasamos outro avituallento e chegamos o penúltimo, que basicamente era o noso obxectivo desde vai un bo tempo: chegar os eólicos. De aqui ata meta unha subida dura e case todo baixada, ainda que algún repecho inesperado facia sufrir máis da conta.


Jorge mais eu falamos e decidimos que no último avituallamento nin parabamos; levamos casi nove horas e o que nos pide o corpo e chegar e baixar da bici. O último tramo ainda que ten baixadas nas que indican precaución, faise rápido, e para rematar, xa chegando a Narón, un tramiño entre eucaplitos que debe de ser divertidísimo para unha saída de domingo pero con cen quilómetros nas pernas, a min polo menos, non me fixo moita gracia. Todo pasa e todo chega, e como non, chegamos a Narón, e entrando vemos a Uxia que esta no último xiro, entramos no paseo de Xuvia, escoitamos a meta, e entramos da man Jorge mais eu. Unha aventura na que nos embarcamos, sorprendidos polo bonita, polo dura e por acabala ben.

tempo 10:03:05

Postos 461 e 462 e na nosa categoria o 344 e 345.



chula chaqueta de finisher


cansado pero contento, a hidratación sempre é importante

t

Tera que ir a un sitio destacado do medallero


 

Menos mal que non choveu, se non, creo que non seria quen de telo acabo. Así acabamos en seco.

 Éste corpo pide ducha

perfil


os meus parametros, e dous records persoais.










2 comentarios: