jueves, 25 de agosto de 2022

I travesia a nado, Camariñas Lingunde Camariñas

 Desde hai mais de trinta anos, cando se fixo o espigon do porto de Camariñas e en ese primeiros paseos ata o final do espigón, o ver no fondo da ría a praia de Lingunde, sempre pensaba, ir nadando ata ali?, seria unha pasada, algo imposible, pero un reto que quedou marcado na cabeza.


Cando imaxinaba esa travesía, non nadaba nin cen metros, e foi quedando no olvido, pero desde que estou no mundo do triatlon, a cousa cambiou, xa as distancias non son tan grandes e volvia a ser posible. A chispa que arrancou ésta travesia, foi facer os 3500 metros da travesia do dique na Coruña. De repente acordeime dese soño que levaba tanto tempo no fondo do armario e como habia vacacións en Camariñas, empecei a facer plans...

O primeiro mirar en Google a distancia, cal foi a miña sorpresa, que desde o porto a lingunde, hai 1500 metros, imaxinaba mais, e para facer un pouco mais de exercicio, plantexeime a ida e volta, un 3000 xa parece mais axeitado. Segunda premisa, tiña que acompañarme un kayak, contaba cos meus amigos de fatigas e Carlos e Josiño aceptaron o momento que llo propuxen. Visto que as dúas premisas estaban cumplientadas, non habia duda, asi que so era escoller o dia.

A primeira opcion, foi inviable, moito nordés e non era aconsellable tirarse o mar, pero o dia seguinte non tivemos dubida. As once tiramonos o mar.


 o dia estaba bo, ainda que o Nordes na punta da Basa, daba duro

a ida foi un pouco mais dura polo vento, a volta, como sempre todo que sube baixa, o vento axudou



3000 metros , 1h 15 min. Moi ben, moi ben acompañado, un soño realizado e seguro que para o próximo ano, repito, e se alguen se apunta, hai que falar.





No hay comentarios:

Publicar un comentario