Un paso mais no camiño
Hoxe tocou día de festa, ir a unha media sen mais pretensións que pasalo ben cos compañeiros de adestramentos e co plus que teño neste momento, dan os resultados que dan.
O día empezou cedo, había que ir almorzar a Lugo, e prepararse para correr unha nova media. A primeira vez que ía correr a carón da súa muralla. O perfil no parecia moi propicio para facer grandes marcas e a presión mental cero, daban para facer un bo extensivo e un recovery como se manda.
Preparabámonos para sair, foto de grupo e despois da saida do 10k, tocaba a media maratón
Os tres tenores antes da saída
Con Alex e Paloma
Arrancabamos máquinas, Oscar mais eu, quedabamos mais atras, e os outros diante na saida, tiñan outros obxectivos. Nós a un cómodo 5:00, ainda que como sempre, nas saidas, vaise un pouco o ritmo cara arriba, e xa desde o principio, fomos a 4:50.
A muralla de Lugo
Parque da Milagrosa
O percorrido daba dúas voltas o circuito e despois de pasar por primeira vez polo centro de Lugo, o diseño da media pareceume precioso e quedaronme ganas de voltar a pasear e gozar da ciudade un día, voltamos a pasar por meta para dar a segunda volta, Oscar queria ir un pouco mais amodo, e deixoume ir, xa nos vemos en meta sen problema dixome, sen mais deixeime ir e casi sen querer empecei a baixar os tempos a 4:30, noto que vou ben e todo o traballo que levo desde setembro empezase a notar, controlando ritmo cardiaco como sempre, vou adiantando xente e controlando o que queda, non me fixo no tempo que levo ata o quilómetro 17 cando fago un calculo mental e digo, ostras se vou como na media da Coruña, espectacular, porque o perfil para na se parece e o primeiro tramo tampouco pensei absolutamente en nada de tempos.
Adiantado a xente... km 10 posto 191 masculino, km 14 pos.178, km 15 pos.172, km 18 pos.160, km 20 pos.154 e km 21 pos.149 e 24 da miña categoria, nunca tivera esa sensación, nunca me pasara tal cousa.
Chego a meta cun sorriso como se debe e cando paro o reloxo, MMP, ainda que só son 26 segundos, non estaba nin previsto, nin corrin para iso, e as sensacións non podian ser mellores
Tempos da media por parciales, no Garmin doume 200 metros de menos.
e a sempre importante frecuencia cardiaca, nótase o cambio de ritmo no medio, pero creo que moi controlado e bucando a horizontalidade no total da proba.
Paloma subiu o podium de chicas, unha crack, Fran tamen MMP, os outros contentos, non se pode pedir mais.
Despois de dous duatlons en Lugo, o primeiro medio maraton, non ia a quedar sen o recovery xa clásico do churrasco.
O único "pero" a organización, unha lástima que non tiveran unha medalla, creo que calquer media debia de dalas, é un bo recordo, e como non deron medalla, que mellor que cambiala por un xeado, o que é lambon, é lambon sempre.
Seguimos camiñando cara o obxectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario