domingo, 7 de mayo de 2023

XXXIII Triatlon concello de Oleiros

 O Triatlón da casa


Desde mediados de setembro do ano pasado que non me poñia o tritraxe, e a verdade é que xa tiña ganas. Que mellor ocasión que o que ésta o lado da casa. Cando iamos para Mera, caeu auga que daban ganas de dar volta, a estrada ia estar mollada, e o mar revolto, en fin, circunstancias, lembro o ano pasado, cando o do mazo estaba no circuito de carreira esperando para dar polo calor, asi que non pasa nada. Tiramos para adiante e que se note o adestramento que estou facendo. Non é un obxectivo, a idea é traballar as transicións, e o resto vou con confianza, seguro que melloro tempos. Como sempre antes de empezar, vexo moitos compañeiros entre os que levamos dorsal e os que nos van arbitrar.


As catro empeza a festa. Natación. Saimos dun lado do dique, e hai que deixar as boias a dereita para voltar a praia.


xa estamos todos listos, e dan a saida



 

como sempre, deixando os golfiños que se tiren antes, e ainda asi, o pasar uns metros, noto como alguén me colle do nocello e tira para atrás... abraiante!, serán cousas do pelotón!?,  teño que aprender para o que ven. 

Por primeira vez nunha carreira, vou con xente todo o percorrido, nadando sincronizado e mesmo a un ritmo tranquilo consigo pasar a varios nadadores entre a primeira e segunda boia. Outro nivel é estos que che din o finalizar que nadaron o teu lado e que ben, eu con saber que estou pegado a un neopreno e canto me falta xa me dou por satisfeito como para saber quen é.

Saimos da auga, tempo 15:03 casi dos minutos menos que o ano pasado. a facer a transición!.



Na transición, un pouco mais do que esperaba, liouseme unha perna do neopreno, poñer calcetíns, casco, un xel que tiña preparado e sair.. 3:57, xa me vale para o Triman, pero gustaríame telo feito mellor.



Saímos o circuito de bici, e non é un circuito para gozar, metade para arriba, a outra para abaixo sen solución de continuidade, a bici nova nótase, os quilómetros que levo nas pernas tamén, melloro bastante o tempo do ano pasado, as voltas pasan mais rápido e sorprendentemente tamén supero a outros ciclistas. Cada vez que chegamos a praia e hai que dar a volta noto a enerxia de moitos compañeiros que están animando, grandes eles tamén.

tempo en bici 47:50, casi seis minutos menos que o ano pasado.



Transición para correr, levo ben as pernas, non vai calor, que ainda me lembro o ano pasado o que sufrín, transición facil, poñer as zapatillas e saimos. 1:20 de transición, correcto.



 En canto dou a primeira curva e enfilo o circuito que lle teremos que dar catro voltas miro o reloxo, e vexo un moi aceptable 4:30 de ritmo. Dígome para min, pois hai que manter ese ritmo que un 5k, ben se pode, noto moito correndo o adestramento deste inverno, corro menos, pero corro mellor e hoxe imos ver como vai o conto. Empezo a pasar xente, dezanove postos adiantei que non esperaba. Moi boas sensacións e na ultima volta co animo de Uxia, de Agora quero un sprint ata o final!! hai que facer caso a muller, e o último tramo a 4.20 e cun sorriso


Tempos Triatlon



Posto 12 na miña categoria e con ganas de mais... 

levamos unha boa bolsa para seguir enchendo de ilusións



Seguimos!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario