lunes, 29 de mayo de 2023

Triatlon Longo de Caminha

 Unha grandísima experiencia, unha fin de semana formidable


 

 Primeira vez que saía de España para competir, e a viaxe tamen foi parte do triatlon. Hotel con compañeiros, e un pouco de spa para as que non competian e o resto, as nosas cousas. Coller dorsal, a verdade que curioso o xeito de dorsalizar en Portugal, ainda que me parece moi correcto eso de ter un mesmo dorsal sempre para os seus federados, aparte da comodidade, un aforro en papeis que podiamos aprender e imitar aqui. Despois na zona de transición, o de "deixa a bici donde queiras" tamen foi curioso.

asi quedaba ata o día seguinte.


e despois dunha cea perfecta, paseo pola zona donde o día seguinte iamos a nadar

almorzo forte e a prepararse para competir, deixar as cousas listas na transición e voltar a saida da natación polos teus medios, basicamente, volta andando.


compañeiros na distancia Olímpica

momentos antes de iniciar a natación, para min desde que estou neste deporte a parte que mais respecto me da
 

A natación un pouco caótica, a verdade é que unha gran parte do percorrido fas pe, e hai xente que vai andando; penseino, e dixenme, "veño a facer un triatlón, asi que a nadar" e nadamos ca marea a favor, vinte minutos, nótase nos parciales, ainda que me saen 2065 metros no garmin, nado a 1:56 os cen, estupendo, pero irreal. Total de tempo para natación, 39:47
Despois dunha transición que fixen tranquilo, creo que me saiu mellor que en Oleiros, empezo o circuito de bicicleta. Éste si que é un agasallo, un circuito de 30 km o que hai que dar tres voltas, e que  vou a mais de 30 km/h ben acoplado e cun so detalle que teño que coidar para o Triman, a alimentación un pouco mais calculada.
 
Uxia animando como sempre a todos os participates.


Circuito de bicicleta, 89.2 kms, a 30.8 de media, 2:53:54, primeira vez que baixo de tres horas en esta distancia, os acoples funcionan e o ser plano axuda. Unha cuestión importante, o do drafting, como que pasaron bastante os xuices, porque menudos pelotóns que se montaron...
Cando acabei a parte da bicicleta, queda a carreira. Outro obxectivo que tiña era baixar por primeira vez de dúas horas na media do medio, aqui sabia que casi seguro que o ia conseguir, pero non se pode decir nada ata cruzar a liña de meta. Primeiros tres quilómetros moi rápidos, e noto que empeza a facer calor, hai que baixar o ritmo que asi non chegamos.
 Catro voltas o circuito, con cabeza e cun ritmo controlado, do 14 o 17, costóume, pero a esas alturas xa se visualiza o final, axuda para seguir con ganas. Na última volta adianto a outro triatleta, digolle veña que non queda nada e dime se pode ir conmigo, por suposto!, doulle ánimos, presentamonos, Joao de Oporto, Xoan Carlos de Coruña.. eu falando e contandolle cousas, el seguindo o ritmo ata a meta. 
Carreira 1:53:26, a un ritmo controlado de 5:30
con Joao o cruza a meta
 


Tempo final 5:33:30
 

A partir de agora queda un mes para o obxectivo principal do ano, e imos a por el.




No hay comentarios:

Publicar un comentario