Toda aventura ten un inicio
Esta comenzou a medrar o día que acabei a "Travesia do dique" co compañeiro Oscar. O que me parecía imposible e o meu maior medo ó que enfrentarme fíxose realidade, 3500 m nadando nun tempo razoable e acabando con bo ánimo.
Todo o verán meditando, - e se o intento?. En setembro teño decidido que vou facer o posible para estar na saída do NORTHWEST TRIMAN, coméntollo ó adestrador e quédame grabada a primeira pregunta que me fai -¿lo sabe tu familia? iso xa me da unha boa sinal do que me espera. Tamén a súa cara, de "Carliños, ti estas seguro de donde te metes..."
Pero si, estou seguro, quero intentalo e por min non vai a ser.
Obxectivo claro; primeiro adestrar, facer os deberes e que teña que ser o que teña que ser.
Se alguén non sabe as distancias, son 3800 metros de natación, 180 quilómetros de bicicleta e para rematar e chegar a meta, unha maratón, todo isto con cortes de tempo para que non te despistes.
Parece moita distancia pero o duro non é facer o "homedeferro", é adestralo. Para estar na saida do lago levo mais de 6000 kms. Moitas horas so na bici, agora lembro esas saidas na que chegaba a casa e non podia quitar o casco da bici polo frio e humidade nas mans, días de ir a traballar en bici para sumar adestramentos e voltar despois de facer a garda, saidas co grupo donde me quedaba o pouco pero que co tempo fun chegando ca xente... o final mais de 4700 en bicicleta, mais de 1200 de carreira a pe, sendas e rias para aburrir, e mais de 110 de natación entre a piscina e o mar, e sobretodo moita disciplina, rutinas e non deixarse levar, e para iso, pequenos obxectivos polo camiño, como a mellor marca persoal na media maratón da Coruña, carreiras que nunca fora, como a Vig-Bay, ou a Media de Lugo, Triatlon de Caminha, a miña primeira proba internacial pero sen ningunha dúbida o mais importante para min é a axuda dos compañeiros, que sen eles chegar a este día seria imposible. Nunca me preparei tanto para unha proba, e o mesmo tempo nunca lle tiven tanto respecto a distancia, vou a entrar en territorio descoñecido e a ver que pasa.
Pero eso xa é pasado, estamos en As Pontes, e empeza o día de festa.
bicicleta e material listo
O domingo pola mañan, volvemos a As Pontes, curiosamente estou tranquilo, parece que vai a ir menos calor que o sabado, e ainda asi, unha última mensaxe do adestrador, baixade o ritmo que vai a ser unha carreira de eliminación, eu teño claro que o obxectivo único é chegar a meta, asi que o importante é saber os tempos de corte e pasalos, se podemos.
As nove arrancamos, o tramo de natación, desde que acabamos na piscina a finais de abril, sabia que o meu tempo ia estar entre 1:20 e 1:30 e posiblemente se todo ia ben, a hora e media estar montado na bici. Como sempre deixo que o grupo de figuras se tire diante e empezo a nadar tranquilo, primeira boia a 300m e xa vou con un grupo de cinco ou seis nadadores, podo seguir o ritmo sen problema e mesmo vou buscando o meu sitio para nadar cómodo. Un detalle que me da un plus, no mesmo punto que o ano pasado me pasou a cabeza da LD cando eu facia o medio, paso os últimos nadadores da media distancia e non podo evitar pensar sabendo donde estou, que canto mellorei nesta disciplina. Enfilamos para a praia e sair para voltar a facer outra volta, cando vemos o peor de todo o día, un chico tivo un problema e moita sorte donde lle ocurriu, e estaban facendo unha RCP, a verdade é que ver iso cando te tes que volver a tirar o lago outra vez da moito respecto. Cando escribo esto sei que esta no hospital e espero que se recupere.
Segunda volta de natación, a primeira en 42 min, sigo co grupo e sigo cómodo, mesmo desconecto e empezo a pensar en outras cousas, e controlo o grupo, miro para ver que van ben, non vaia a ser!. E asi, case sen pensar, xa nadamos paralelos a praia, acabo de pasar o limite de natación de 3500 da travesia, e que me fixo que hoxe estivera aqui, quedan 300 metros para buscar a transición e coller a bicicleta. Tempo total de natación 1:26:00
Transición, pregunto polo compañeiro e dinme que o levaron o hospital. Seguimos o noso, catro minutos para, sacar neopreno, secarme os pes, poñer os calcetins, que onte me agasallaron Oscar e Uxia, xa sei que é unha máxima non estrenar nada o día da competición, isto vai para eles, a próxima, o regalo unha semana antes :). Collo a bici e arranco, clavado o que dixen, a hora e media estar montado na bici, e xa me dirixo o primeiro avituallamento a cargar líquidos que van facer falla, quedan 180 quilómetros por diante e o obxectivo e facelo en seis horas e media e sobretodo pasar o corte da terceira volta.
Primeira e segunda volta todo vai ben, enerxia, ánimos e o tempo vai pasando, chego a mitade da proba e mesmo adianto outra vez a xente da media distancia, 3:15:00 cando empezo a terceira volta, xa van moitos bidóns de agua por riba e isotónicos por dentro, tomo un gel cada 45 minutos, e ainda que vou ben, o corpo xa me esta decindo que lle apetece outras cousas. Terceira volta, a estrada empeza a quedar en silencio, e ainda que ves a compañeiros da longa distancia, os da media van desaparecendo, e nótase.
Empeza o final da terceira volta, sei que vou ben de tempo, pero o mesmo tempo empezo a ter problemas nas plantas dos pes, empeza a doer cada pedalada, a zona das calas, non sei se pola calor, polos calcetins ou polos quilómetros. Chego a As Pontes e por suposto outro chute de ánimos do avituallamento, os compañeiros son uns cracks, e ver a Uxia da un plus para seguir. Última volta de ciclismo e vou con mais de 40 minutos sobre o tempo de corte, e teño 1:40 para facela, asi que regulando, e sufrindo facemos camiño. Os que nos cruzamos sabemos o que toca, e a miña cabeza non deixa de pensar, buff, e despois de esto queda unha maratón, garda, Carliños, garda, que ainda queda para chegar o obxectivo. E como sempre, en estas probas non podes pensar en meta, se non en pequenos obxectivos e o primeiro era sair de As Pontes e subir o que a estas alturas xa era unha montaña, pero subimos, estamos outra vez no "falso llano Galego" e pasamos por debaixo da autovia, os pes cada vez doen mais, e ainda que quero ir un pouco mais rápido, teño que subir un piñon para ir facendo camiño, intento mover os pes dentro das zapatillas de bicicleta, chegamos o último avituallamento e xa volta ó Lago, como na auga, volvo a batir a miña distancia mais longa, cada metro que pasa despois do 160, xa é un record persoal de distancia, e vou descontando, agora xa é basicamente unha baixada ainda que hai tres subidas que na primeira volta son pouco, na cuarta son para parar a rezar na capela da Virxen do Carballo. Nun tramo que non hai casas, paro un momento, teño que facer pis, como hai que pensar en positivo, digo estou ben hidratado, por dentro e por fora de tanto tirarme auga para refrescarme teño o tritraxe empapado e noto unha rozadura na ingle, despois debeu de ser unha sensación porque non había nada. Un plus é cando pasas o cartel de Concello de As Pontes, xa queda a baixada e vou tranquilo, sei que queda moito, o estomago xa pide papas de tanto gel e isotónico, e non sei como vai a estar cando me poña a correr. Paso a rotonda da gasolineira e non podo definir a sensación que teño, entre satisfación de acabar os 180 quilómetros de bici e o medo que me quedan 42 de carreira.
Tempo final bici 6:55:48
Chegar para deixar a bici, e ver a Uxia, a Richi a Ruben, Paula a verdade é que participar en esta proba os que somos de Nosportlimit é xogar en familia.
Transión 3:40, e aqui empeza o sufrimento.
Richi dime que suba andando o lago que recupere e que me alimente, os 300 metros teño unha lavadora no estomago, non podo correr, non sei que vou facer, ganas de vomitar, subo para entrar o circuito, pero dame para correr 50 metros, vou camiñando, e o único obxectivo chegar o primeiro avituallamento, sabia que ali estaban os meus amigos, e hoxe o meu anxel da garda, eu fixen a proba, pero sen os ánimos e palabras de Oscar posiblemente non a acababa. Casi media hora para facer os tres primeiros quilómetros, chego e tomo dúas pastillas de sal, como sandia, bebo coca cola, calquer cousa para cambiar a alimentación que lle levo metido o corpo desde as nove da mañan. Despois de cinco minutos de falar e estar respirando, continuo, quero correr, pero o corpo dime que tranquilo, vai camiñando e xa veremos, e como sempre penso, pequenos obxectivos, Carlos, e paso a correr 300 metros, e camiño 500 metros, e no seguinte pois vou por 500/500 e xa chego o seguinte avituallamento, ali tamen estan outros compañeiros, e os ánimos siguen. Outra vez tomo o avituallento con calma, e no seguintes tramos, xa imos con un 700/300, e xa volvo a correr, un extensivo suave ata o seguinte avituallamento, e asi, a primeira volta das catro da carreira, vaise a 1:35, unha barbaridade, pero o estomago esta outra vez tranquilo, de cardio e de pernas vou sobrado, teño unha molestia na planta do pe esquerdo, pero non quero pensar, solo teño un obxectivo ir de avituallamento parar e seguir o seguinte, e asi, de repente un o garmin dime que o acabo de facer un quilómetro en 5:53, pois nin tan mal, e pouco a pouco acabo a segunda volta, unha media maraton en 2:30:00, e aqui empeza o proceso de xestión, Oscar vaíme decindo os horarios, quedache duas horas para facer a terceira volta e pasar o último corte, e asi con calma e sen mais, van caendo os parciais, unha media de 6:30 e parando en cada avituallamento, de vez en cando había que camiñar pero a cabeza en estos momentos xa sabia que o tiña, unha catastrofe moi grande tiña que ocurrir para non chegar, pero había que pelealo.
Cando acabei a terceira volta, relaxeime, tiña tempo para chegar camiñando, e supoño que seria eso, nun momento, o que o corpo levaba aguantando xa non dou para mais, e vomitei, pouca cousa, un pouco de cocacola do ultimo paso, pero como que me tranquilizou, a esas alturas, quedaba unha volta e xa non queria nada, simplemente chegar, na miña cabeza, quedaban catro obxectivos por pasar, os catro puntos avituallamento da volta, e por último a baixada o lago. Cando chego o último, vexo a Sonia e a Ramon, o volver de dar o último control de volta, siguen traballando recollendo o posto, quedamos catro ou cinco corredores no circuito, e penso, eu que queria que Sonia me puxera a medalla de finished e resulta que esta aqui, en fin... sigo correndo e volvo a ter ganas de orinar antes de chegar a meta, busco un sitio para facer e escoito por detras "no pares!".. Sonia que viña detras, para poñerme a medalla. Despois de todo, o dia vai saindo como se planificou.
Pas polo último avituallamento, xa non quero nada mais que chegar, e sigo correndo, o de correndo, cando digo correndo, tendes que ler "Walkind Dead" porque xa non hai mais, e baixando cara o lago, esa baixada, os cuadriceps queren pedir papas, pero aqui xa non se para.
Chegamos a meta, tempo "camiñata de 42.2" 5:21:13
Tempo total do meu Homedeferro 13:50:41
clasificacion final 98 total, 15 de Vet2 e 5 no campionato galego
Agora tocan vacacións, pero xa teño na mente o próximo reto, pero eso xa vai a ser para a primavera que ven...
Non deixen de fuxir!!
Que orgullo amigo. Me ha encantado leer esta crónica, y puedo comprender (desde la distancia obviamente) ese sufrimiento y esas pequeñas batallas que se van ganando cuando estás haciendo algunas pruebas que demandan un esfuerzo (aunque en tu caso, es una pasada, incomparable con cualquier otra cosa). Me alegro muchísimo de que hayas cumplido tu objetivo, tu sueño, y sobre todo porque no es fruto de la casualidad, te fuiste currando cada objetivo y cada meta, y el resultado lo tienes ahí. Ya eres un auténtico "home de ferro" y un ídolo para aquellos, como yo, que nos gusta las competiciones y los retos. Seguramente fuimos muchos los que seguimos tu evolución durante el domingo, y te aseguro que había un cosquilleo, comparando los parciales que iban haciendo los "rivales" que iban delante, para estimar más o menos los tiempos por los que tenías que pasar en cada punto medido (ya que las estimaciones que hacía la página eran un poco cuestionables). Lo dicho Carlos .... E N H O R A B U E N A. Eres un auténtico campeón y un luchador. Te mereces toda esta alegría que estás viviendo. Por cierto, que mal lo del chico ese, ojalá se recupere. No hay nada que produzca más bajón que ver y saber que pasan estas cosas ... y que nadie está libre. Ojalá solo sea el susto. Un abrazo
ResponderEliminarMoitisimas grazas Javi.
ResponderEliminar