lunes, 16 de octubre de 2023

Media Maraton Pontevedra 23

 

Outra mais para o peto e van 16 con dorsal

 


 O dia foi de chuvia, facia moito tempo que non tocaba carreira con auga, pero a verdade e que hai tanta necesidade de auga,  que non te atreves a decir que mala sorte.

chegar a Pontevedra, coller dorsal e prepararse para correr...



despois dun pequeno quentamento e saudar os compañeiros,  saída

 


Esta foi a miña terceira media de Pontevedra e a primeira sorpresa o cambio de percorrido, xa o principio cruzamos o rio e poñemonos a correr polo outra beira, a cabeza xa me estaba traballando, a ver como será!. Teño que decir que para min é un acerto quitar a subida do Hotel Galicia, e o circuito faise mais amable. As miñas pretensións son facer a media e un ritmo cómodo, e ainda que do trece o dezasete fíxoseme un pouco bola, o final quedou bastante ben ese ritmo de 5:00 correndo co globo dese tempo.




primeira volta, todo perfecto, menos subida, entramos no estadio, que o final son tres pasadas e a última xa para unha volta curta e tirar a meta. Sigue chovendo moito, pero o chegar a meta, unha moi boa sensación, mantendo un ritmo constante, agás o último quilómetro que lle metin un pouco de ansia, e unha media mais para o curriculum...


 







No hay comentarios:

Publicar un comentario