lunes, 4 de diciembre de 2023

Volta a ría, Memorial Adolfo Ros

 

Media maratón clásica para rematar o ano, esta vez cólleme empezando o adestramento para outro obxectivo e como sempre, "ir e pasalo ben". O día vai frio e a chuvia acompaña.




Dorsal e foto co compañeiro Francisco



Empezamos as dez, a idea e facer un bo extensivo, o empezar en Ferrol, nótase moito as tres partes do circuito, primeira moi sinxela pola estrada de Castilla ata o Xubia, a partir de aí xiramos cara Narón e para rematar ca última parte que sempre é a mais dura, cruzar a ponte das Pías, e entrada en Ferrol cas súas costas.

Os parciais, desde a ponte costoume esas costas...



 Cheguei a meta cun minuto menos que o ano pasado e con boas sensacións, 

tempos oficiais da carreira:
pk 1.5: 06:56
pk 7.1: 35:21
pk 12.1: 59:39
pk18.3: 1:30:19
meta 1:43:53

ainda que non era o obxectivo quedei contento. Sorpresa final en xeito de medalla, a primeira que me dan desde que veño a esta carreira e xa unha mais para a colección.

17º media maraton con dorsal. 1:43:57


medalla de madeira, a min paréceme bonita


e se despois dunha media, chegas a casa con frio, unha boa ducha e esperache éste plato na mesa, que se pode pedir? que haxa moitas mais carreiras.







No hay comentarios:

Publicar un comentario