A 18ª media que fago con dorsal... e das mais duras.
As condicións desde logo non convidaban a correr, pero o final a cabra tira o monte e despois de quentar polo parking para non mollarnos imos cara a saida. Casi vinte minutos que nos tiveron ali mollados e pasando frio, que por causas alleas a organización, cando sopla o vento pouco se pode facer e hoxe soplaba ben.
Con Fran, que nun par de meses temos unha boa "excursion"
quentado no parking con Javier
A miña idea nesta carreira é facer un extensivo cara o obxectivo que teño dentro de dúas semanas, e ir a ritmo, pero desde logo, a primeira parte da carreira fun ben, en canto saimos a Riazor o vento e a chuvia afectoume e costoume mais do esperado.
os parciais, nótase ó final que costou un pouco.
tempos oficiais
paso 1 00:17:00
paso 2 00:26:48
paso 3 00:35:50
paso 4 00:49:38
paso 5 01:13:37
paso 6 01:29:36
paso 7 01:43:38
meta 01:46:43
tempo neto 01:46:02
posto homes 683
posto master 4 83
Foto final,
mollado con frio e "esa" estupenda medalla que sempre nos alegra o día na C21
Ó chegar a casa, todo a secar, unha ducha e un vaso de leite quente, e xa parece outra cousa ese 4:57 e 1:46:06 da carreira en esas condicións..
Seguimos preparándonos para a próxima!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario