martes, 12 de marzo de 2024

Marató de Barcelona 2024

 Tremenda fin de semana, e marabillosa carreira 

Non se pode entender esta carreira sen saber que cando me apuntei xa sabia que ia estar uns días cos amigos, e que evidentemente o primeiro é o primeiro.




 
Estadi Olimpic Montjuit, Barcelona-Mallorca


Lego Store


e claro a pre-carreira como se debe, risas, comidas, paseos, futbol e boa hidratación, despois de todo este preambulo, preparado para o domingo.

Tres anos de sequia, e o sabado en Barcelona sentinme como en casa, caeu auga a dala, pero as previsións para o domingo eran de tempo seco e bo para correr, asi foi.

O domingo imos cara a saida, todo calculado e programado para ir con calma, andando e ca compañia de Carlos que grazas o trazado e as gañas que lle puxo, poido seguir a carreira en moitos puntos e sempre pendiente de min.

 A miña saida no caixón dous, era as 8:37 e foron moi puntuales, todo preparado, todo disposto.


Empezamos a correr e o meu obxectivo ideal, estar na contorna das tres horas e media, obxectivo real, acabar a carreira dignamente e pasalo ben.

Sabia que o ritmo tiña que ser a 4:58 para estar en ese obxectivo, os quilómetros estaban marcados e grazas, porque os catro primeiros o meu garmin foi ben, pero non sei se polas rúas, pola cantidade de xente ou por outro motivo.. no quinto, paso a 4:39 e no sexto igual.. e o mesmo tempo márcame o tempo xa con diferencia do punto quilométrico da organización, pero o salto xa foi no sete, oito e nove a 3:57, 3:57 e 4:11; xa me dou a risa e desconectei do reloxo, a partir de aqui cálculo mental e a marcar ese obxectivo inicial imos un pouquiño por diante do 5:00 e vou ben. Ata podo decir que a carreira fíxóseme mais amena porque estiven todo o tempo ca cabeza ocupada.



Sabia que Carlos ia estar en varios sitios eso significaba fotos, 


 

pero a que lle tiña ganas era ca Sagrada Familia, mira que vin veces a Barcelona, pero facia moitísimos anos que non pasaba por aqui, e hai que dicir que esta quedando impresionante, cando a acaben, o mellor ainda lle volvo a facer unha visita.

Estamos no km 14, e a primeira parte da marató e un paseo de tres rectas para voltar pola Gran Via ata a saida, buscar o Mercat de San Antoni e baixar polo Paral-lel. 


 

Ali sabia que estaria Maite, efectivamente como un clavo, un berro de guerra.. Veña Camariñas e dalle duro!!! e seguimos, hai unha lixeira baixada e notase, pero tamen se nota a humidade do dia anterior e a calor que xa apreta. Súo moito mais do normal e notoo, teño que xestionar a hidratación, sei que tiveron problemas de abastecimento, pero desde logo cando eu pasei polos avituallamentos todo correcto e sen problema. Baixamos a Colon e despois de dar unha volta o Parc e la Ciutadella, imos cara avenida do Litoral, sigo calculando ritmos e vou un minuto por debaixo do tempo obxectivo, pero xa van trinta quilómetros nas pernas, aqui empeza a marató de verdade.

O forum, e subida pola Diagonal, se vas camiñando non parece subida, pero metelle o paseo anterior, calor, humidade, e eses tres quilómetros cheganlle a calquera, perdo un minuto no meu paso e xa me dou conta que chispum acabouse o conto da tres horas e media, asi que rediseñamos obxectivos e imos gozar e chegar a meta sen problemas. Despois de chegar a Glòries, votamos pola Diagonal e xa empezamos a pasar puntos donde non ves o km no que vas se non o que queda.. seis, cinco, catro.. subimos por Marina e xa estamos nun pasillo de xente animando e empezas a sentir a emoción de que esto está remantando, km 39, km 40, escoito Veña Carliños!! Ai esta o campión, que menuda mañan lle din, eu correndo e el seguindome.

km 40


Xa sabes que o tes, vou con cinco minutos sobre o meu mellor horario previsto, nin tan mal 

Chegar a meta despois de entrar na Rda Sant Pere e pasar por debaixo do Arc de Triomf espectacular. 


A sensación ó acabar, estaba moi ben, moito mellor que en Valencia, porque esperaba facer este tempo, pero non como pasei o domingo, luns, martes. O corpo levao enriba, pero sinceramente estou sorprendido.


 

 


 Por suposto, gardamos un recovery premium para o final.

O luns, paseiño pola Barceloneta , un viño en La Vinya del Senyor, e listo, hai que voltar a casa...



 

A Catredral do Mar



 

Moltes gràcies amics






6 comentarios:

  1. Grandioso fin de semana, sí señor. Grandes previos 😜, perfecto el tiempo durante la carrera y fantástica carrera, Xoan

    ResponderEliminar
  2. Oye! y aquí estaremos siempre que quieras repetir, porsupuestísimo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. la próxima vez, viene Josiño, y hacemos la marató por la Vinya del Senyor y el Nou Camp Nou Nou... jjajjajaj

      Eliminar
  3. Enhorabuena por finalizar el maratón estupendamente bien y por la crónica y el reportaje fotográfico. Visto lo visto lo pasaste muy bien ese finde, por tanto objetivo más que cumplido. Ahora a por el maratón de Madrid. Menudos tiempazos te daba el garmin, por debajo de 4 minutos algún km en el maratón no está nada mal jajaja. Lo dicho, enhorabuena Carlos (soy Javi)

    ResponderEliminar