Vixésima media maratón
Unha das clásicas e que nunca tivera ocasión de ir, por coincidencia de datas e porque coller dorsal parece misión imposible, despois de correla, entendo que limiten as inscripcions, moita mais xente non entran polas corredoiras do Camiño de Santiago.
Para empezar habia que ir a Palas, coller dorsal e esperar, a tranquilidade de quen vai a facer algo por primeira vez, pero o mesmo tempo sen ningunha presión por facer tempo. Xa me avisaron, aqui non se ven a facer marcas, vimos a pasalo ben, gozar do percorrido e chegar a meta e a festa.
Eu, Javi, Fran e Sara, e por suposto a autora da foto, Uxia (que non se, pero esta).
antes de quentar, un descafeinado clarito con hielo, un cafe, un... deme unha botella de agua e listo, que non chegamos a saida!
Mención especial para Marguiña, estaba quentando e vinna ca camiseta da Backyard Maraton.. e dixenlle, podoche facer unha pregunta?.. un dos meus obxectivos para o ano 25, teñolle moitas ganas a esa proba e por suposto volver a coincidir con esta estupenda rapaza.
A carreira empeza as 18:30 e saimos a dar unha volta de 5 quilómetros por Palas basicamente para poder facer a distancia, de entrada unha subida e metemonos por un camiño, imposible ir rápido, adiantar ou buscar un ritmo, asi que paciencia e a ter conta donde se pisa.
o amigo Adrian o fondo...
Despois de 5 km, voltamos a pasar por Palas, a uns que estaban animando ó lado dun bar, escoito que lle preguntan como vai España, 3-0, nin tan mal, seguimos baixada pronunciada e a primeira vez que sinto que teño espazo para correr e ainda asi, pouco durou, porque xa nos metemos no camiño de santiago e non da para ir mais de dous o tres xuntos.
O camiño é precioso, van marcando tódolos puntos quilométricos e curiosamente o revés que en tódalas carreiras, o meu garmin ia con uns douscentos metros de diferenza, pero negativos, sempre pensaba, xa se ira axustando, pero cheguei a meta con esa difereza. Transcurria o camiño, e esperaba a subida O Mato, un tramo de 1.6 km que ten unha cronometraxe especial, eu non ia con mais sentido que subilo e seguir, o final saiume en 9:10 pero como digo, non tiña mais intención que chegar arriba e continuar o meu camiño.
Despois penseino, e dixenme, esta ben que fagan un tramo de subida, pero tamen podian facer un tramo de baixada, ou un en plano, bueno, este último non poden, porque non hai un quilómetro plano nesta carreira. Seguimos e pasamos polo punto 15, saida da carreira curta, xa se empeza a sentir que vai acabando a cousa, hai que continuar con sentido donde pisas, porque todo o percorrido é un cambio constante de chan, pasas de asfalto a terra, a pedras, a terra outra vez, empedrado, en fin, o que fixo algunha vez o Camiño de Santiago, sabe de que estou a falar.
o último tramo parece que é mais cómodo, pero engana bastante, hai costiñas que tiran e baixadas que non te deixan respirar.
E chegamos a Melide, subidiña, meta e festa, donde me atopo con Rosa, facia tanto tempo que non coincidiamos!, que alegria! díxome que me animou en Palas, eu non me enterei, pero este momento compensa ese despiste.
Adrian, a foto que non falte. Estupenda festa post-carreira, atopando a moitos compañeiros e compartindo detalles da carreira, efectivamente, neste momento a carreira era durísima, os tramos fastidiados, pero agora que estou escribindo xa me parece moito mais bonita, moito mais corrible e con gusto intentarei pillar dorsal para o ano que ven.
Tempos
o final posto 99 na miña categoria, e ainda por riba adiantando xente o final, nin tan mal para ir a descubrir a proba e finalizando o meu calendario da primeira mitade do ano, queda moito que queimar para a segunda mitade, e esperemos que o corpo aguante.
E por suposto ALTRI NON!!
Estupenda crónica de esta insuperable carrera. Recorrido exigente pero muy chulo y post-carrera excelente.
ResponderEliminarMe alegro de que por fin ya la hayas podido disfrutar y un placer compartir aventura.
¡¡ A por las siguientes !!