Triatlón Olimpico de Caminha
boa fin de semana en Caminha, donde empezamos cunha viaxe tranquila, parando en Cerveira e chegando o hotel e gozar do Spa...
Por causa das mareas, hoxe o triatlón iniciábase o mediodia, e dounos tempo para levantarnos con calma e poder gozar do almorzo do hotel, eso si.. con chuvia que teoricamente iria a menos o longo do dia.
Sair da auga para min, sexa cal sexa a distancia, dame unha sensación de alivio que o que ven, por duro que sexa, non ten comparación, a saida este ano estaba nun lateral do embarcadeiro, unha pequena praia, que desde logo daba moito mais xogo, que chegar e intentar subir a un peirao flotante. Despois dunha carreiriña, sacar o neopreno, intentar secar os pes para poñer os calcetins e as zapatillas da bici, cousa bastante complicada, cando todo esta mollado, tiramos para a zona de final de transición e subímonos a bici cun tempo de 3:58. Iniciamos a bici, 40 km e cun circuito coñecido, unha volta, ainda que habia un apendice que habia que subir, falando con compañeiros que o foron a recoñecer, a idea era que seria similar a subida de Celas, a min pareceume un quilómetro durecho, o resto entre falso llano e menos costa, baise levando, eso si, o final e cando tocaba baixar, menuda saraiba, caia a chazón! e mesmo facia dano.
Despois da bici, donde me sairon 42,31 kms.. (unha maraton que curiosamente é o que estou este ano) en 1:33, a 27,2 de media, despois da que nos caeu, os pes encharcados, quedei bastante satisfeito, cando estaba xa o final, mesmo pensei que me saira unha bocha no pe, baixar da bici e correr ata o meu posto para cambiar e poñer a zapas de correr, cos pes asi, que dor. O final era o calcetin, que fixera unha bola de auga, casi tomo a decision de quitalo, pero estireino ben, e puxen os tenis, a correr!!
tempo na trasición 2:13. Queda por diante un 10k, e a idea e ir como en Lugo, a 5:00, a ver como se da.
Empezo a correr e incorpórome o circuito, que son dúas voltas, xa non chove, pero vai vento, tampouco é moi problematico, ou polo menos a min non me parece. Pasame Sonia como un avión que o final subiu a podium. Eu sigo o meu, ritmo controlado, e cando paso por donde esta Uxia, sempre teño un berro de ánimo. Non hai moito que contar, 10k en 50:37
Tempo total 2:5818
Chegamos a meta, e o coche a cambiarse. Queria quitar o tritraxe, secarme e poñer unha roupa limpia, habia que esperar casi unha hora e media para que nos deixaran quitar o material da transición.
Como non, aprobeitamos o tempo
Agora podo decir, que xa fixen todalas distancias do Triatlon, desde o primeiro en Arteixo nun supersprint en Xullo do 19, ata agora pasou un longo e marabilloso camiño.
O que queira ver que pique nos enlaces
No hay comentarios:
Publicar un comentario