lunes, 2 de diciembre de 2024

XXXVIII Volta a ria "Adolfo Ros" e un pouco de Maraton San Sebastian.

 Media maratón para acabar o ano, un clásico dos clásicos.



Esta media tiñaa pensado facer desde o verán como motivación para Mariana, o final, decidimos que ía debutar en outra, asi que unha semana despois de correr a Maratón de San Sebastian, estaba descartada para min, ir por ir, tampouco me apetecia.

A semana pasada estivemos en San Sebastian, unha fin de semana planificada y adestrada como nunca, ir de viaxe, comida, activación, Uxia ia a debutar nun 10 k, eu ia a intentar facer un sub 3:30 na maratón, todo perfecto...


despois de visita a feira do corredor, paseo por San Sebastian...









todo perfecto ata que se anulou a maratón o sábado pola noite por alerta laranxa e fortes ventos... 
para casa, e no camiño, pensando no calendario que se ven, en dous meses e pico, teño outro obxectivo, que xa se convirte en prioritario despois deste tiro ó aire de San Sebastian, e cunha media prevista en xaneiro, quedabase moito tempo sen dorsal, e lembreime da Volta a Ria, asi que tan pronto cheguei a casa apuntado, e aqui estamos.
 O obxectivo, facer a media a ritmo previsto a semana pasada, tiña todo calculado, e queria facer a 4:50 ata o km 25, asi que hoxe en condicións mais duras climatolóxicamente falando e de perfil, ia a calcar ese restultado e ver sensacións, espero poñelo en práctica en Sevilla.

Vou co veciño Fran, a verdade que os dous somos uns valientes, porque ca noite que fixo, ir a correr a Narón xa tiñamos que ter unha medalla antes de sair, o final nin ó acabar. Sigo sen entender que unha organización non dé unha medalla nunha media, pero en fin...

Chegamos a Narón e empeza a deixar de chover, pouco a pouco, pero o final respectounos bastante, collemos dorsais e empezamos a quentar.





un cafeiño e a correr...


póñome na saida e a facer deberes, obxectivo ir a ritmo controlado de 4:50, saudo a compañeiros e cabeciña.




os tres primeiros quilómetros son costa abaixo, e entre eso e a xente imos un pouco mais rápido do que toca, nada extraño.


De seguida, collemos o noso sitio e miro o reloxo, a 4:44 de media, vou un bo treito falando con Fer un compañeiro de clube, despois das previsións, que non chova xa é un exito. Seguimos sen problema e o pasar o río Xuvia, empeza a primeira costa, vou regulando, e imos cara Neda, voltar e cruzar a Ponte das Pías, controlo o tempo e vou a 4:46 sei que ven as subidas de Ferrol, na ponte pasame unha parella de Vigo, era a súa primeira Volta a Ria, pregúntanme e xa lles comento que agora ven a peor parte, a entrada en Ferrol, un par de costas para deixar as pernas blandiñas se non vas como toca, pero que despois de pasar a Rúa Real, xa é todo costa abaixo cara meta, un pouco optimista, pero bueno, sen entrar en detalles de eses "falsos llanos" da Estrada de Castela.
Pasamos Ferrol e quedan tres quilómetros para meta, xa está, vou moi ben, moi cómodo, poderia seguir asi sen problema, o que me autoafirma que ia cunha boa estratexia para San Sebastian.

Chegada a meta a ritmo de 4.48, tal como estaba previsto e xa estaba Fran esperando por min





Despois dunha ducha, imos a tomar o pertinente recovery, e para casiña, 



A media maratón numero 24 con dorsal, xa é historia, 
a 25 será internacional e xa lle teño ganas.




1 comentario:

  1. Enhorabuena Carlos, una media más para la colección.
    Además hiciste bien en aprovechar el entreno de la maratón para al menos poder hacer algo.

    ResponderEliminar