lunes, 13 de enero de 2025

XLI San Xiao

 Primeiro dorsal do ano



Unha carreira que non tiña en mente pero que como tantas outras cousas aparecen por casualidade. Carreira gratuita (que xa é raro), e que me apuntei esta semana. O día anterior teño garda, pero saíndo do traballo fago cálculos e dame para chegar a Ferrol coller o dorsal e correr un 10 km.

Cando vou a entrar na autopista para ir, vexo aparcado o Sr Paco, no sitio de recoller compañeiros, e freno!, 

coméntolle: a donde vas? 

- o mesmo sitio que ti, 

-pois tiro o coche e se te parece ben, imos xuntos. 

-Por suposto!, 

as cousas simples son as mellores.

Aqui estamos antes de iniciar a carreira.

É a primeira vez que corro esta carreira, asi que non coñezo o percorrido, pero creo que imos por donde se corre o triatlon de Ferrol, estou tranquilo. O obxectivo é ir a 4:30, tempo marcado a semana que ven, nunha que si teño na mente, hoxe é festa, e como Maria Jo, me di se lle acompaño un pouco para marcar ritmo, non hai problema,


O percorrido é desde o Pavillon de Esteiro e despois de 9,82 km voltar a meta

O final gustoume moito e seguro que repito para o ano.


Saimos e voulle marcando o ritmo a MJ, os tres primeiros kms, ata que me dixo que tirara, que se lle estaba complicando o correr polo adoquín, e preferia ir un pouco mais amodo. 

Cando fixen as 21 Leguas de Naron, tamen entramos na base naval, hoxe tocou ir por dentro outra vez, e a min encantóume ver as fragatas, a "Blas de Lezo", etc, son cousas que non tes moitas oportunidades e hai que aprobeitalas, e ainda que fotos non hai, non vaia a ser que me digan algo, por sacar o móbil dentro de instalacións militares.... na miña cabeza si estan.

Saimos da base naval e empezamos un zig zag polo centro de Ferrol, un ida e volta no que collo un ritmo un pouco mais elevado..

Un 10 km pasa enseguida, cando te das conta xa estas baixando a distancia, e vou moi ben, o dia é perfecto para correr, e ainda que hai que ir atento o piso polo constante cambio entre adoquin, lousas, asfaltao e beirarúas, hoxe estreno as Novablast 5 e son unha delicia, boa decisión para facer a Maraton de Sevilla, que sigue como obxectivo principal dentro de un mes.

Os tempos, un pouco irregulares polo perfil, un sube baixa constante.


Cando chego a meta marcame 9,82 km, dame rabia ese cifra, será ese TOC de acabar os adestramentos sempre en km final, pero xa me di todala xente, que esta ben, que lles faltan eses 200 metros a todos, e mesmo na meta, falamos, que podian facer a saida, un pouco mais atras e xa tiñas ese 10 k, pero bueno, que tamen é marca de San Xiao.. o final moi contento


por certo, bonito detalle para ser unha carreira con inscripción gratuita a braga de pescozo, a parte da camiseta, pero moi ben, por ese agasallo, algo distinto e útil.


O primiero dorsal do ano, xa caeu, a próxima sera a miña primeira carreira internacional, asi que por ilusión que non quede, por pernas xa se verá..




No hay comentarios:

Publicar un comentario