lunes, 20 de enero de 2025

26ª Meia Maratona Manuela Machado

 A miña 25ª media maraton con dorsal, a primeira internacional.


Marchamos para Viana pola mañan, o cambio de hora danos unha tranquilidade, e que me colleran o dorsal o dia anterior axuda a non ter prisa. Pero despois dunha semana cun tempo espectacular, hoxe amanece chovendo, e non nos vai a deixar en todo o dia. Despois de chegar a Viana, aparcamos e o primeiro buscar un sitio para tomar un cafe, ainda é cedo, e vai dar tempo para quentar mais tarde.



A saida esta no porto, ali coincidimos con Agus e Paco, que xa me tiñan todo preparado, ir a mesa posta axuda moito, pero o dia non da para estar o descampado, hai que prepararse e quentar. A miña idea de intentar facer 1:35 xa a teño descartada, vento, chuvia e frio, non dan para pensar en outra cousa que non sexa acabar e listo.

camiseta e unha mochila resultona, seguro que se utiliza.

Elas si que son campionas, o final ainda fixeron turismo por Viana, menos mal, porque a mañan estaba para tomar un cafe e chau.


o sistema de cronometraxe


quentamos e auga auga auga...


Estou na parte de atras, e tardo un minuto e pico en pasar polo arco de saida e empezar a correr


 

empezamos a carreira, o primeiro quilómetro e un constante esquivar xente e charcos, estos ultimos as veces, outras non hai xeito e os novablast 5, que son os que vou a levar a Sevilla, estan enchoupados, mais que eso penso, en mi madriña que desfeita... 

O pouco de arrancar, achegaseme Diana, compañeira de club e facemos os primeiros kms xuntos, falando e collendo o ritmo, o mesmo tempo que imos tendo o sitio para correr, collemos velocidade de crucero. O perfil de Viana é un ir e voltar. e hai uns dous kms de subida do seis o oito, pero despois de pasalos, a verdade é que era menos do que parecia.

Sigue chovendo, sigue habendo frio, pero o de sair atras fai que vaia pasando xente constantemente, a volta é no km 10, tempo 47 min, agora toca baixar cara Viana, vou ben, e mesmo baixo kms o ritmo previsto de 4:30, a verdade e que estoume facendo un test para a próxima maraton, e a carreira incrementa a miña confianza para a Maraton, supoño que en Sevilla non haberá este tempo, asi que imos contentos.

Chegamos a Viana e queda unha voltiña polo porto para chegar a meta, escoito o clásico 

-Vamos Liñeiro!! ali estan Uxia e Carmen animando, reitero, que merito!!


 


Medalla de finished e moito frio


Tempos, primeiro km a 5:30, imposible ir mellor saido desde atras, e despois para as condicións que habia, moi contento. Tempo final 1:38:38



o acabar, cambiarme e o corpo pedia un cola cao


Pero o final o Sr Paco, tiñanos unha sorpresa, o sabado pola noite cando me dixo que reservara nun indio, quedeime como Eing?, imos a Portugal e comemos nun indio, evidentemente nin mu, o que organiza, aplaudese e punto. Pero que marabilla, realmente, un autentico placer de recovery







tamen coñecin a un crack das redes sociais...




Por suposto xa queda marcada no calendario para o ano que ven, e esperemos que o tempo sexa mellor, e se non, como mínimo empata.

Un placer Viana do Castelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario