viernes, 28 de febrero de 2025

Maraton Sevilla

 Aqui esta a quinta, a mais sufrida,

 e a na que traballei para seguir sendo maratoniano.

 


Viaxe a Sevilla despois dunha noite de garda, e se en Santiago chovia, en Sevilla xa era verán.

Santiago....


Sevilla

O chegar a Sevilla con tempo, a feira do corredor estaba o lado do aeroporto asi que antes de ir ó hotel xa fixen o primeiro traballo, coller dorsal, e ainda por riba probei unhas asisc con placa de carbono, que me confirmou o que xa pensaba, non estan feitas para min nin por ritmo nin por prezo..






Despois chegar o hotel, deixar todo, e ir a dar unha volta pola zona...







Sevilla preciosa, e pasar do inverno ó verán nunha viaxe de avión da gusto...

Cear e ó hotel, descansar que mañan é outro día

Sábado

Activación, ver a saida, medir o que tardo do hotel a liña de saida, e paseo pola ciudade, espectacular para voltar, pero en esta época, se xa estamos asi, mais adiante ten que ser o inferno en terra.


a turistear...






non se aguanta unha chaqueta... 




toca preparar o que vimos a facer...

Domingo


imos..


Compañeiros de NSL na saida, sempre hai un NSL, ou dous, ou tres...





A carreira empeza bastante puntual. Non vai fresco o que para ese momento esta ben, ainda que xa parece que vai a ser unha mañan de calor. O meu obxectivo que era seguir o globo de 3:30  e métese no caixón de diante co que xa se me vai uns cen metros por diante. Non hai problema, empezamos a carreira nunha saida xeral, e tardo casi tres minutos en cruzar a liña de saida. Os seis primeiros quilómetros son por unha avenida prácticamente en liña recta. Enseguida collemos o noso sitio e non hai moito problema para correr, hai moitos corredores pero non se pode decir que vaias incomodo. Primeira curva a esquerda e xiramos cara a illa da Cartuja, para dar un paseo e voltar a punto de partida, ata ese momento vou intentando recuperar a distancia co globo, cousa que consigo no km 14, cando me poño a sua par.


Unha vez que chego aqui, e despois de ir os primeiros parciais recuperando, digo "con esta xente" vou cómodo e non penso moito mais

km 5 24:44

km 10 49:09

km 15 1:03:35

km 20 1:38:39

km 21 1:44:02

pasada a media, vou moi tranquilo, ritmo previsto, avituallamentos e os meus xeles e sales no seu momento. Sigo sen problema o globo e ainda que nos multiples avituallamentos da organizacion aos dous lados do circuito sempre hai despistes non se perde a comba.

km 25 2:03:22

km 30 2:28:37
 Todo polo libro ata que aqui empezan a sufrir os cuádriceps... intento seguir o globo que pouco a pouco vaise alonxando, e pasando o km 32 xa se vai, a dor nas pernas incrementa pero non quero parar. Sigo, costa pero sigo, recalculo o tempo. A maxia da maratón, para baixar un minuto tes que correr moito de deus, para subilo, en nada xa me vou a meta a 3:35..3:36 .

Fálome e dígome, Carliños, queremos seguir sendo maratonianos, non imos a camiñar ainda que as patas pidan papas, e asi loitando entre a cabeza e as pernas chega o 

km 35 2:56:25

pasamos polo parque de Maria Luisa, moitísima xente animando, e ainda que escoito eses ánimos,  eu estou nunha loita interior, sigue, non pares, vas amodo pero non camiñes...

entramos no último tramo, xa corremos nun pasillo de xente e ainda que me pasan corredores intento seguir o ritmo e xa a distancia se convirte nunha ría, o meu patio de recreo, e cada punto quilómetrico que paso é un éxito, un descontar e saber que xa esta a meta próxima, non podo mais pero esíxome non camiñar, vou a casi 6 min/km , pero vou..

km 40 3:26:16

xa estou por territorio coñecido de pasear o día anterior, un final espectacular polo centro de Sevilla, público, animación, calor, sufrir e tirar, queda nada Carliños...

en meta 3:38:30

posto final

Xeral 5350

Categoria 514

Xenero 4772


e cruzo a meta, aqui cadaquen sabe a súa loita, pero a miña foi dura, levo cinco maratons, esta é a que mais me costou chegar a meta. Tamen a que me queda con mais satisfación de chegar a este punto e non camiñar, saber sufrir, ir polo obxectivo e ainda que tiña en mente outro tempo, estou mais que contento pola carreira e polo camiño ata aqui. 

Seguro que se me fixo longo, cando en agosto empecei a adestrar a maratón de San Sebastian e despois de non correla, hoxe tiña que ser outro plantexamento, pero as cousas son como son e non como queremos.





Ducha e paseo... Descansar e pasear por Sevilla, que mañan a viaxe non acaba, había que rematar cunha boa comida de recuperación e que mellor que dar un paseo por Barcelona e visitar o amigo Carlos..

Luns

almorzo e tiramos para o aeroporto...



Dentro de quince, os amigos estarán por aqui collendo os seus dorsais para a maraton de Barcelona...




Esta ben comer alcachofas, pero o que pide o corpo é proteinas de calidade e hidratación.


Veña!






No aeroporto outra vez, que hai que voltar para casa e de vez en cando ves mensaxes subliminales que che din que se acabou a época de maratoniano e empeza a de triatleta..


O venres cando marchei chovia en Santiago, despois de pasar polo verán de Sevilla e Barcelona, sabes que chegas a casa cando volves a ver os limpiaparabrisas do coche funcionando...


E xa van cinco, queda San Sebastian para acabar o reto das cinco grandes de Zurich
 e a seguinte ten que ser un agasallo 









2 comentarios: