lunes, 10 de marzo de 2025

10k de Camariñas, Correndo pola Costa.

 Carreira na miña terra, e día estupendo 



Non deixa de ser un día de festa, ir a Camariñas sempre é un placer, ainda que as previsións eran de chuvia e vento, o final saiu un día ideal para correr e para turistear.

Uxia, Oscar, Mariana e eu, os catro a correr 

Cando arrancamos pola mañan cedo habia certo run-run no coche polo tempo, que se vai chover, que se vai moito vento, que se tal que se cual, pero a medida que nos iamos achegando a Camariñas o día ia mellorando e ainda que o vento chegáballe, a chuvia respectounos toda xornada.

Como sempre o primeiro é coller os dorsais e xa, Uxia tiña a sua carreira, e cando arrancou nos xa nos fomos a preparar para o 10k


Uxia na súa saida, un 3k que a verdade fixoo moi ben. 
Xa viran outras carreiras maiores pero non menos importantes.


O de ter casa en Camariñas axuda moito ca intendencia, mentras Uxia corría, nós fomos a poñernos en modo corredores e baixar a saida, falar con compañeiros do clube e coñecidos, un pouco que quentamento e lume..
Os 10 k esperan, unha ir ata a Pedrosa e voltar pola estrada do Faro, 
cantas veces fixen este percorrido...
Marian, eu e Oscar


Oscar vai o seu, pero Marian e eu tiñamos deberes,
 ainda que é carreira con dorsal, o noso obxectivo é outro



Poñemonos na saida, Marian saúda a familiares que tamen viñeron a correr. A verdade que o circuito de correndo pola costa, é unha pasada, eu por motivos laborais e tamen de calendario non podo facelo enteiro, quizas algún ano consiga cuadrar datas para poder acabalo.
A carreira empeza case sen que nos deramos conta, vemos que a xente que estaba diante ponse a correr e nós tamen. Os primeiros quilómetros son costa arriba, xa lle digo a Marian que tranquilidade, imos facer dous 5k ben diferenciados, ata a Pedrosa con calma...
 O pasar por diante da Igrexa de San Xurxo vexo os meus pais e a Uxia ( que xa acabou a sua carreira ) animando, evidentemente hai unha parada, un bico e seguimos. 



Marian e eu seguimos co plan, pero a alumna vai mellorando cada día, cada adestramento e non deixa de sorprenderme, subindo a Mourin, se no km 1, fixemos un 6:02 dentro do establecido o km 2 xa baixamos a 5:50, costa arriba e adiantando xente, intento controlar o paso, pero de Mourin a Pedrosa, seguimos adiantando e marcando ritmo. 
Km 3 5:42 e visualizamos o Rei Vilan. Vouche sacar fotos, seguimos igual... ja! 
ese km 4 baixando vaisenos a 5:09




km 5 5:25, 
-cólloche un auga!, pero cando eres rebelde pasas das indicacións, voulle a dar a botella con agua e xa a ten na man, -es que me la dio la chica! en fin...
chega o momento da verdade, sei que o km que ven é o duro, o que vai ata o Alto da Vela, empezamos a sufrir a alegría da primeira parte da carreira, pero seguimos. Póñome diante para protexer un pouco do vento que nos ven de cara, o perfil faise duro, e a promesa do que queda é costa abaixo tamen porque non da chegado ese punto.
Aguantamos -pasos curtos e seguimos, o alto xa ven detras desa curva, e cando estamos chegando a curva, doume conta que me equivoquei, que ainda faltan uns douscentros metros,  a ver como saio desta?, pois eso, decindo a verdade, confundinme de curva!, pero a próxima xa estamos... 
Non escoito nada, pero oio como as protestas e os bufidos chegan a min...

km 6 6:20,
 pero xa está. Agora si que si, queda baixar ata meta, falo cunha corredora que pensaba que voltabamos por Mourin, pero xa lle explico que o circuito cambiou, que agora é un agasallo para baixar ata Camariñas.
Despois de medio minuto donde as pernas volven a sentirse mais lixeiras, empezamos a incrementar o ritmo, pasamos por diante do cimiterio e xa estamos no 
km 7 5:35, 
"Para baixar todolos santos axudan", xa vemos outra vez Camariñas, e seguimos incrementando o ritmo, Empezamos a ir o límite pero non deixo que se relaxe, queda chegar o porto, e xa estamos en meta
km 8 5:15,
última baixada, xa queda ir o espigón e voltar a meta, parece que chove, pero é un nada, escoitamos e vemos a Uxia animándos.

km 9 5:01, Espectacular...
xa queda voltar a meta, pero claro, entramos no porto e tira o vento, xa non baixamos, e alegria queda por popa, aqui tiramos de cabeza, - vas a facer un tempazo, non paramos, MMP, xa ves a meta.
Voltamos e Oscar xa esta con Uxia animando, último esforzo e cruzamos a liña de chegada.
km 10 5:25, 
Total en meta 55:47

Agora toca disfrutar de Camariñas.
Ducha e imos a comer a Taberna do Bico.
como sempre un éxito seguro





Que non me falte un Refugallo



e despois de comer, risas e boa conversación,  xa que o día sigue dando oportunidades, imos a ver o Rei., o Alto da Vela, o cemiterio dos ingleses.

A Costa de Camariñas en todo o seu esplendor.



Cemiterio dos ingleses, co monte blanco o fondo


Alto da Vela


un día para lembrar e repetir.


No hay comentarios:

Publicar un comentario