Corremos a Vig-Bay.
O camiño foi mais longo que uns 21095 metros...
Hoxe é un día especial, obxectivo cumplido con creces, pero éste paseo empezou fai once meses, cando nun whatsapp Marian dime que empezou a correr e que tiña que falar conmigo, que se propuxera un reto persoal para o vintecinco...
Quedamos un día, e como non, a hora acordada, chovia e decidimos, empezar polo recovery,
- quero facer unha media para o ano que ven, como o ves?
- poder pódese, pero hai que ir preparado, con sentido e cabeza, tes tempo mais que suficiente.
bla, bla, bla, ela é unha Aries, e o de falar tenno interiorizado, eu o de escoitar funno adestrando tamen. Deixou de chover e veña, imos a dar unha volta a ria, e xa miraremos.
Foron pasando as semanas, algún test de 5 e 10 k pasados con nota e de repente, esas distancias que o principio parecen inalcanzables, co tempo convírtense nun adestramento entre risas dun mércores calquera.
Pasou a primavera, o verán e volvemos o otoño, algún dorsal, cousas pequenas para ir familiarizándose no mundo das carreiras... e xa empezamos a falar do obxectivo no que toca debutar.
Decidimos a Vig-Bay, non é unha carreira facil, non é a mais cómoda, pero era a que decidiu Marian.
Todo calculado, empezamos o adestramento especifico a partir da volta de nadal, asi que planifico todo, tres días por semana e imos a chegar o 6 de abril como se debe. O noso obxectivo non é outro que acabar a proba, non imos a mirar o reloxo, nin imos ter ningunha presión, (eso era o que eu pensaba)
Con Uxia, tamen nos acompañou moitas veces, ainda que ela vai a outro ritmo e outros obxectivos.
O mais importante dos adestramentos, sempre lle expliquei a "alumna" que facemos deporte pola foto, por diversion, e sobretodo polo sagrado recovery.
Extensivos pola Coruña, esas carreiras donde te das conta que o traballo da resultado, e os resultados son o que buscas.
Cando toca sufrir, tamen se sufre.
o finalizar os adestramento, que sempre teñamos un sorriso!.
Moitos dias de chuvia, tarde, donde se demostra o compromiso
e despois de dez meses donde todo foi rodado, chegaron as últimas dúas semanas...
Eu tiña unha viaxe planificada, Marian ten molestias nun xemelo, e por desgraza ten un pasamento dun compañeiro de traballo que lle descoloca, a ela a todos. Baixón e aqui empeza a miña labor psicolóxica, escoito, animo e intento tirar para adiante, pouco a pouco (domingo a domingo) vamos dando pasos e o que o principio de semana era un non vou a Vigo, foise convertindo en un "a ver que pasa", chegamos o sábado e ata Uxia dime que ven con nós tamen.
Dia de carreira.
Imos para Vigo. Nervios e presión, eu teño claro que imos ben preparados para a carreira, pero a cabeza sempre manda, e ainda que hai sentimentos encontrados sei que Marian é unha loitadora, e unha vez que nos poñamos o dorsal, a cousa vai cambiar.
Uxia, poñendo o dorsal. Ela marchaba no coche para Baiona, a animar na chegada.
listos.
Para ser tan pequena, eres enorme amiga
Con Fran, esa foto ímola repetir dentro de nada na
Maraton de Roma
A prima de Marian... estar con ela na saida, creo que lle axudou moito a desconectar dos medos previos a arrancar.
Saimos, empeza a nosa Vig-Bay, primeiro obxectivo, escapar dos altofalantes e do son que nos deixa retumbando nos timpanos o señor alcalde de Vigo..
-Ninguen che esta evaluando, ninguen che xuzga, ti corre e disfruta do dia.
Van pasando os minutos, e xa estamos na praia de Vao, voulle contando todo o que vai vir, o de ter o Desafio Cies e a Vig-Bay no curriculum dame esa experiencia no percorrido.
entramos na subida do circuito...
chegamos arriba, dirixo a Mariana cara a sombra do circuito, parece que non pero o dia apreta de calor, doulle o primiero gel, e levolle auga para que vaia tomando pequenos sorbos.
Esta todo pensado, o resultado xa se verá.
Cántolle e contolle os km, van pasando e seguimos ó ritmo establecido, chegamos o dez casi sen darnos conta, e encaramos a baixada a praia America.
baixando a praia America
Baiona o fondo, ese é o noso obxectivo, estamos no 15, e como lle digo, para estes km adestramos, calquera pode comprar o dorsal e estar na liña de saida, aqui é donde se distingue os que van preparados dos que van de paseo, e nós estamos no primeiro grupo.
Xiramos a dereita e no 19, sigo o teu lado, e xa non te deixo parar, ainda que non fixo falta, orgullosísimo de como levas a carreira.
A miña media dividinna en catro partes, a ultima, unha vez pasado o 20.
A miña labor como adestrador pasou, aqui eres ti soa a que vai chegar a meta, non te deixo, pero esa entrada a meta é túa, disfruta porque é a primeira, sera inolvidable, e eu estou agradecido de ser parte de esta historia.
Campiona
A mellor animadora de toda a carreira
Con Fran e Danae
No hay comentarios:
Publicar un comentario