A mellorar un pouco a media
Unha carreira que tiña descartada pola dificultade para inscribirse, non me apetece xa pelearme por un dorsal tendo en conta que xa a teño no curriculum, pero de repente na última semana aparece un dorsal, e digo, xa que estamos!, pois imos a dar unha volta por Melide.
Obxectivo?, entre risas, baixar un segundo o tempo do ano pasado. Xa non me acordaba do dura que era esta media, pero por intentalo que non quede.
Como sempre, antes de arrancar moitos compañeiros e amigos
Fran, que ganiñas teño de repetir esta foto en Roma. Pero xa queda claro que eu e o meu daltonismo, non fai uniformidade, deixo ese negociado para Fran, que seguro iremos xuntos con mais estilo polas rúas de Roma.
Vou a ir tranquilo, pero cometo o error do ano pasado, o meu espiritu pouco competitivo cos demais, faime sair atrás e a saida de Palas é un embudo no que os dous primeiros quilómetros impide ir a un ritmo distinto o que marca o de diante. Pouco a pouco vou collendo ritmo, quedei con Fran de ir xuntos, pero non o vexo.
Despois de facer unha volta por Palas para conseguir a distancia da media, collemos o camiño de Santiago que xa nos leva a Melide.
A paisaxe cambia e van pasando os quilómetros, e mais ou menos no sete, vexo a gorra de Fran por diante, e sigo, teño que collelo e sobre o nove, chego a súa altura, antes unhas risas cunhas rapazas que me pasan como uns avións baixando, "somos trialeras da baixada!!, en plano e subindo, xa non... " efectivamente no primeiro plano, quedaron en popa.
Cando chego a xunto Fran xa continuamos todala carreira xuntos, e grazas porque nas costas, a súa axuda foi moi importante.
Chegamos o km vertical, non sei que contaron nin desde donde, pero corremos sen parar e adiantando a moita xente, fíxose dura pero fíxose!.
Km 14, buff ! como costan as costas!, pero aqui xa empezo a xestionar, o que o principio entre risas era que queria baixar un segundo, xa se convirte nun obxectivo real. Controlando a distancia e o que queda, pasamos a saida da carreira dos 6 km e xa se sabe que o mais duro xa pasou, pero o peor sempre queda por diante, non hai outra, queda unha ria, o meu patio de recreo, as distancias e tempos sabidos pero chegar a Melide ten unhas costas que non son empinadas pero co bule bule que levan as pernas, fan que cada metro coste.
Van pasando as marcas de distancia, e ainda que me vou quedando do ritmo que me marca Fran, ten o detalle de esperarme para que poda recuperar no plano e nas baixadas.
Na cabeza teño o tempo do ano pasado 1:53:18, e sei o que queda, e vou por diante, pero tampouco teño marxen para mirar a paisaxe. A miña cabeza dime que pode, o corazón que tire e as pernas que xa podiamos estar en Melide e descansar, pero quedan catro, e faltan vintectro minutos para facelo.
Vemos a Uxia animando na última baixada dura, a presbicia mátame!, o po dos corredores de diante non me da tranquilidade para poñer os pes, o terreo irregular, necesito eses cinco metros para ter a seguridade na baixada, cousas que antes non o notaba, agora van sumando ou restando.
Despois de pasar a ponte entramos xa en Melide, superamos o punto 19 e teño doce minutos e pico, para chegar a meta, apreto dentes e sigo a Fran
Chegamos a meta xuntos
o final 1:52:26, casi un minuto menos.
curioseando, comparativa de tempos do ano pasado e este.
e o recovery final...
Pois outra mais, a 28º media maratón con dorsal.
e agora a descansar un pouco no verán ou non,
que nunca se sabe o que pensa esta cabeciña tola miña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario