miércoles, 4 de junio de 2025

Triatlon Olímpico, Campionato de España 25

 Un triatlon na casa, pero que ten historia.


Estaba todo previsto, agás unha lesión o luns, que sumado a backyard que fixera a sábado en Castro Caldelas deixome moi tocado da espalda, pero como sempre, aprendemos!. Unha semana que agora que pasou, para min foi moi positiva por como o xestionei; moito coidado no ximnasio facendo movilidade, físio para colocar a espalda no seu sitio, un bastante de drogas, e o xoves xa poidemos ir a dar un paseo en bici, o que me veu de gloria para ver que ia un pouco mellor, e o venres nadar (poñer e sacar o neopreno xa foi un exito) e trotar polas contornas da Torre, todo correcto. O domingo imos con dorsal, pero antes o sabado, hai que arbitrar os élite, un placer velos de cerca, pero tamen cansado, o final son casi 12 horas en Maria Pita, e tamen suma ou resta para o día seguinte.





Domingo pola mañan, as sete quedamos para ir o Parrote, control de material e quedar con compañeiros..




a flaca colocada no seu sitio...



os compañeiros que tantísimo me aguantan. Oscar e Fran



o primeiro nadar, como sempre, o que peor levo, o que non me gusta, o que calquer excusa é boa para facer outra cousa, e nótase. 1500 metros de natación o parrote no que vou seguindo a cola do pelotón ata que xa me quedo conmigo e ca sensación que cada brazada achegame o destino que quero, facer a transición a bicicleta.

tempo oficial. 34:43

tempo transición 2:39





non sain de último da auga o que xa é un exito, e empeza o que nos gusta. 
40 km de bicicleta.
En porta Real, xa engancho un grupo de catro que iremos xuntos toda a carreira, a primeira vez que fago carreira en grupo e notase a melloría na bicicleta. O circuito un ir e voltar ata casi o Chuac, con dous pequenos escalóns pero sempre co plato grande e cambiando os piñóns faise ben.







Tempo oficial 1:12:12 a 32.7 de media
tempo transición 2:36
empeza a carreira a pe, 10 km por diante


a carreira, é un circuito de catro voltas, cruzámonos todos e da gusto saudar e animar e que te animen tamen, é donde mais cómodo me sinto, donde fago o que estou acostumbrado, e corro a un ritmo que pretendo por debaixo de 5:00. 

pasando por Maria Pita


Na última volta, miro o tempo no marcador, non estou contento, a miña mellor marca era en Caminha e tiña intención de superala, pero cos condicionantes da semana dígome, non esta mal carliños, que vas acabar dignamente.

entrando en meta

Cal foi a miña sorpresa o parar o Garmin.. 2:40.. mi madriña se estou 18 minutos por debaixo da miña marca, e no mesmo momento doume conta que non saimos xuntos se non por grupos de idade, por eso o reloxo esta en 3:05:00

tempo de carreira 47:47
tempo total oficial 2:39:59
estupendo, 
pero sen medalla de finished, seguro que algo argallarei porque estas cousas lembranse mellor asi

Xogar na casa é algo especial, se conseguimos repetir, habera que intentar mellorar a natación
(promesa de triatleta)





No hay comentarios:

Publicar un comentario