Un triatlon na casa
Triatlón cómodo e moi coñecido o percorrido, natación e carreira practicamente igual que o do olímpico de Coruña, e o circuito de bici polo paseo.
Despois de non deixarse ir unha vez feito o olímpico, tiña en mente un tempo, baixar de 1:20 e ainda que cada triatlón ten as suas particularidades facendo números, a bici e a carreira teñoa. O da natación que "é o que mais me gusta" como saben os que me coñecen, dame moito respecto.
Este último mes traballamos moito ese negociado en San Amaro, mañans donde non apetecia nada, bufando o mesmo tempo que nos poñemos o neopreno, queixas o meterse na auga, e unha satisfación do traballo feito o sair, axudan a esa pequena mellora e a empezar a visualizar que si se quer, pódese estar, xa non digo co grupo, pero si a pes...
nadamos corremos e o santo recovery
tamen moitas horas de bici
e chegou o dia, estamos preparados, e preparámonos.
Cos amigos Fran e Oscar
eses momentos previos..
Marchamos para a transición a poñer as cousas e para nadar, empezamos 25 minutos tarde, pero a idea sigue sendo a mesma, se quero facer o tempo, teño que estar montado na bici os 18 minutos, un tempo moi esixente para min, pero para ir amodo xa hai outros dorsales...
Tramo de natación, despois de esperar casi 25 minutos, poñennos a todos nunha liña, o ir xa perdin a miña referencia Oscar, e quédome cos meus medos, pero hoxe hai que darlle caña, e vou intentar non deixarme caer.
Os primeiros metros teño os meus lados nadadores, o da miña esquerda molesta bastante, intento separarme pero non hai espazo, e medida que vou indo a dereita, el tírase enriba, mal empezamos!, pero non me desconcentro, o pasar uns minutos ou o que eu creo que é unha eternidade a miña esquerda vou superando pouco a pouco un triatleta, pero tragando auga cada vez que respiro. O de nadar en grupo é moito mais complicado do que sei, do que me gusta, do que me apetece, pero hai que facer de tripas corazón, o que algo quer, algo lle custa!
Chego a primeira boia e levanto a cabeza, debe estar como a 50 metros, e o mesmo tempo que vexo a boia, tamen vexo eses brazos e esa espuma que levantan os competidores, non meu interior sorpréndome e penso, joder!, vou cerca...
O xirar a primeira boia, e o respirar a dereita, mesmo vexo xente detrás, eso dame un pulo para seguir, e xa xiramos na segunda, e teño espazo, intento pensar, estira brazo, impulso, non descontroles o corpo, todo eso é o que penso, e como me gustaria ter un video!, porque estou seguro que dou pena nadando... Sen que pareza que pasa tempo, entro nas liñas de boias donde esta permitido o baño e tamen xa esta preto a última boia, o respirar vexo como van saindo da auga os primeiros, pero eu tamen estou cerca, mais cerca que nunca, e ainda que non pareza, por dentro estou sorrindo.
16:26 minutos... para min un exito total.
eso si... a transición, lieime co neopreno, os calcetins, e unha zapa da bici, que se puxo revoltosa...
casi tres minutazos, que me repatean...
Pero agora xa esta, a tirar con toda na bici.
O vento de popa subindo cara a San Amaro axuda, baixando habia que dar pedais, pero damoslle, o final son cinco voltas, e hai animo en todalas esquinas, moito NSL, Uxia, amigos, e no circuito, cando nos cruzamos, Oscar, esas miradas de animo e da dalle, Fran, igual...
un pouco menos de media que no Olimpico, pero estou contento o acabar, era o presupuestado, e agora toca correr, con facer o que sei, teño o meu obxectivo na man.
A transición da bici a carreira é facil e despois a correr. Quedan dúas voltas, xa te cruzas con compañeiros cos que chocas a man e das e recibes ánimos, xa empezas a xestionar, son dúas subidas a Oceanográfico, e parece que non, pero correndo fan pupa, pero tamen hai que baixalas, e para baixar todolos santos axudan...
16:27 natación, 2:53 transición
36:27 bicicleta, 1:48 transición
21:41 carreira...
Tempo final... 1:19:16
MMP nun sprint...
a ver como o facemos en Ferrol.
cada vez cuidámonos mais co recovery...
será cousa de que somos V2M :)
outro Triatlón para o peto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario